Neste momento estás a ver Dous centros de ensino do Condado Paradanta apoian o consumo de produtos de proximidade nos seus menús escolares

Dous centros de ensino do Condado Paradanta apoian o consumo de produtos de proximidade nos seus menús escolares

A Cañiza, 26 de abril de 2023, Dous centros de ensino do Condado Paradanta únense ao proxecto EcoComedores, unha iniciativa de cooperación LEADER na que participa o Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) do territorio, xunto con outros dez GDR da comunidade, Gadisa e a Axencia Galega de Servizos.

Os C.E.I.P Marquesa Pazo da Mercé das Neves e o Antonio Blanco Rodríguez do concello de Covelo,  formarán parte de diversas actividades que teñen como obxectivo promover os produtos locais, ecolóxicos e de tempada no territorio. O venres, 28 de abril, realizarase e primeira xornada divulgativa co alumnado de cada un dos centros, na que se buscará fomentar unha alimentación máis consciente, saudable e sostible.

Fases do proxecto

Desde que os centros se uniron ao programa EcoComedores, asesores nutricionais avaliaron os menús das escolas e propuxeron melloras que contemplasen a incorporación de alimentos producidos no ámbito territorial de actuación e, cando fose posible, procederan de producións ecolóxicos.

Posteriormente á actuación do vindeiro venres, tamén se realizará unha ‘xornada de produto’ onde o equipo de EcoComedores subministrará alimentos para que o menú dese día se cociñe cos produtos achegados.

Co obxectivo de involucrar á toda a comunidade educativa, nos vindeiros meses tamén se contemplan xornadas divulgativas dirixidas ás familias.

Horarios

A actividade do 28 de abril será ás 9:30h con C.E.I.P Marquesa Pazo da Mercé no concello das Neves, e ás 12:00h no C.E.I.P Antonio Blanco Rodríguez de Covelo.