Neste momento estás a ver Axudas á nova participación de agricultores en réximes de calidade

Axudas á nova participación de agricultores en réximes de calidade

A Xunta de Galicia publicou no DOG do 17 de abril de 2023 as bases reguladoras das axudas á nova participación de agricultores en réximes de calidade, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, para o ano 2023.

Serán subvencionables os custos fixos ocasionados pola inscrición nun réxime de calidade e a cota anual de participación no dito réxime, incluídos, de ser o caso, os custos dos controis necesarios para comprobar o cumprimento do prego de condicións do réxime.

A contía da axuda será do 100% dos gastos subvencionables realizados, sen superar os 3.000 euros anuais por explotación, durante un período máximo de cinco anos.

Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas físicas ou xurídicas, titulares de explotacións agrarias, que cumpran a condición de agricultor activo e que participen por primeira vez nalgún dos réximes de calidade dos produtos agroalimentarios definidos  na letra b) do artigo 2 e recollidos no PDR de Galicia 2014-2020.

O prazo de presentación de solicitudes rematará o 26 de maio de 2023.