Roteiros Dez

10 concellos, 10 roteiros

O GDR Condado Paradanta organiza unha nova experiencia turística e patrimonial no territorio. Promove unha ruta guiada en cada concello que contemplará unha experiencia complementaria relacionada co sector agrario, medio ambiental, turístico e das artes. 

1 - COVELO | POZA PIÑEIRO E IDENTIDADE GANDEIRA 

POZA PIÑEIRO E IDENTIDADE GANDEIRA 

Data: 15 de outubro de 2023 

Duración estimada da actividade: 5 horas (Roteiro e experiencia) 

Distancia: 7 Km 

Dificultade: Baixa 

Lugar de encontro/inicio da actividade: Cemiterio de Piñeiro (Covelo) 

Hora: 9:00 H 

Actividade gratuíta de sendeirismo, interpretación e experiencia no territorio do GDR Condado Paradanta. Consistente no percorrido dun roteiro do Concello de Covelo e a vivencia experiencial do día a día dunha explotación gandeira (“Ganadería Sesteiro”) para tódalas  persas participantes. 

Prazas: ata 25 participantes. 

Inscrición: Será obrigatorio a aceptación das condicións de participación. E a aceptación de participación será por estrito orde de inscrición no  teléfono 654.500.652 (Julio Eiroa, guía da actividade). Inscrición persoal e intransferible. 

Data de apertura de inscricións: 7 de outubro de 2023 

A ter en conta: A actividade pode verse modificada, aprazada ou cancelada por motivos extraordinarios, organizativos, meteorolóxicos ou de forza maior.  

Require desprazamento en vehículos propios dende a fin do roteiro ata a explotación gandeira.  

É preciso usar calzado e indumentaria axeitada para a actividade do sendeirismo, ademais de ser de obriga para cada sendeirista levar auga e comida reconstituínte. Recoméndase levar protección solar, se fose o caso e o un bastón de camiñar. 

2 – PONTEAREAS | OS ACORDES DO TEA

SENDA DO TEA E EXPERIENCIA MUSICAL

Data: 13 de abril de 2024

Duración estimada da actividade: 5 horas (Roteiro e experiencia)

Distancia: 7,2 Km

Dificultade: Baixa

Lugar de encontro/inicio da actividade: Merendeiro de A Freixa (Ponteareas)

Hora: 9:30 H

Actividade gratuíta de sendeirismo, interpretación e experiencia no territorio do GDR Condado Paradanta, consistente no percorrido dun roteiro do Concello de Ponteareas e a vivencia experiencial de caracter musical para tódalas persoas participantes.