Neste momento estás a ver Axudas á apicultura e subvencións para as organizacións profesionais e asociacións agrarias para a adquisición de bens informáticos

Axudas á apicultura e subvencións para as organizacións profesionais e asociacións agrarias para a adquisición de bens informáticos

A Xunta de Galicia publicou no DOG do 8 de maio de 2023, as bases reguladoras  para a concesión de axudas á apicultura que se convocan para o ano 2023.

Poderán ser beneficiarias aquelas persoas titulares de explotacións apícolas, incluídas as de titularidade compartida, así como as agrupacións de apicultores.

As axudas contemplan cinco liñas de intervención:

  • Orientada a servizos de asesoramento, asistencia técnica, formación, información e intercambio de mellores prácticas, a través de actividades de colaboración en redes, para apicultores/as e organizacións sectoriais. Serán suxeito de subvención a contratación de persoal técnico e de administración. Así mesmo tamén se poderá financiar actividades de formación e divulgación.
  • Subvencionaranse investimentos para loitar contra os invasores (velutina) e as enfermidades das colmeas, tamén aquelas actuacións para previr os danos ocasionados por fenómenos climáticos adversos ou para repoboar as colmeas.
  • Actuacións para prestar axudas aos laboratorios na análise de produtos apícolas, a perda de abellas ou as caídas na produtividade.
  • Iniciativas de promoción, comunicación e comercialización, incluídas accións e destinadas a sensibilizar aos consumidores sobre a calidade dos produtos apícolas.
  • Actuacións para aumentar a calidade dos produtos.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes a partires do 9 de maio de 2023.

Subvencións ás organizacións profesionais e asociacións agrarias

A Consellería de Medio Rural,  vén de publicar no DOG do 9 de maio de 2023 a orde pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións ás organizacións profesionais agrarias e asociacións do sector para a adquisición e mantemento de bens informáticos e medios técnicos.

A contía das axudas será do 50% dos custos subvencionables, cun límite máximo de ata 30.000 euros para as organizacións profesionais e de ata 15.000 euros no caso das asociacións.

As persoas interesadas teñen de prazo un mes a contar desde o 10 de maio para presentar as súas solicitudes de forma telemática.

Consultar aquí as bases reguladoras