A entidade promotora é unha residencia para mulleres con diversidade funcional e con alta dependencia, situada na parroquia de Ribeira, concello de Crecente. Ten como misión promover e apoiar a dignidade das mulleres con discapacidade intelectual, facilitándolles apoios individualizados de calidade e creando oportunidades encamiñadas o seu desenrolo persoal e social.
As residentes son persoas con discapacidade intelectual e física que levan vivindo no centro dende fai tempo, polo que súmase a diversidade funcional e envellecemento, o que supón maior dependencia.
Con este vehículo adaptado poderase ofrecer servizos de atención a saúde, actividades de promoción do envellecemento saudable e programas de lecer.