Neste momento estás a ver Acondicionamento da Casa do Pobo de Baldomar para aulas tic e coworking

Acondicionamento da Casa do Pobo de Baldomar para aulas tic e coworking

Adecuación da casa do pobo de Baldomar, parroquia de Santa Mariña, concello de Covelo para  crear unha sala TIC e espazo de coworking, para a cal foi necesaria a adquisición de ordenadores, proxector, impresora, mobiliario, pantalla de proxección, deseño de páxina web e instalación de rede local.

Con esta actuación perséguese promover e mellorar o acceso ás TICs, a través dun servizo gratuíto de acceso ás redes e dotar un espazo de traballo compartido e iniciativas empresariais para traballadores por conta propia e emprendedores de orixe local.