Neste momento estás a ver O GDR Condado Paradanta enxalza  o valor da auga e da terra en FITUR

O GDR Condado Paradanta enxalza o valor da auga e da terra en FITUR

En FITUR espertaron os sentidos a través do son da auga e da cultura musical, das cores da terra e da vexetación, do arrecendo das flores e do sabor da boa gastronomía e dun bo viño e sentir o tempo en calma, con esta mensaxe atraparon a atención do público alcaldesas, alcaldes e equipo técnico do GDR Condado Paradanta durante a súa presentación.

Na mañá do mércores, 25 de xaneiro o GDR Condado Paradanta (Grupo de Desenvolvemento Rural) presentou na Feira Internacional de Turismo celebrada en Madrid as “Esencias e sabores” do Condado, da Paradanta e de Salceda de Caselas. Fíxoo nun acto no que interviñeron a directora de Promoción de Turismo de Galicia, Carmen Pita Urgoiti, o alcalde de As Neves, José Manuel Alfonso e o alcalde de Mondariz Balneario, César Gil acompañados do presidente do GDR, Pablo Castillo; da alcaldesa de Ponteareas, Nava Castro; do representante do Concello de Ponteareas no GDR e tenente de alcalde Juan Carlos Carrera; dos concelleiros de Ponteareas, Silvia Fernández e Luís Rodríguez; da alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel; do alcalde da Cañiza, Luis Piña; da concelleira   de As Neves; Ana Belén González e do equipo técnico do GDR, ademais de empresarias e empresarios do territorio como a xerencia de La Rectoral, Señorío de Rubios, CEMAR ou a Sociedade Cooperativa Condado Paradanta, entre outros asistentes do tecido empresarial.

Intervencións en FITUR

Na súa intervención o alcalde de As Neves descubríu o arrecendo de Ponteareas “que hule a flores” e tamén o recendo do albariño, da treixadura, da uva loureira ou da sousón da subzona do Condado do Tea da D.O. Rías Baixas; tamén describíu ao público o cheiro fresco da herba mollada dos pastos que producen o leite para o requeixo das Neves e das flores nas que as abellas extraen o néctar para o mel. Lembrou o olor da cociña preparando a lamprea de Arbo, o do churrasco de Covelo, a carne de Mondariz, o polo de Crecente ou os callos de Salceda de Caselas e a brisa da Cañiza que cura os xamóns,

Na súa presentación convidou a vivir as festas e feiras que ao longo de todo o ano se celebran nos dez concellos do territorio enxalzando a riqueza cultural, histórica, enolóxica e gastronómica, así salientou a festa do Corpus Christi declarada Ben de Interese Turístico Internacional, o entroido de Salceda, a Festa da Lamprea de Arbo, a Festa do Xamón e a romaría da Franqueira na Cañiza, a romería de Santa Marta de Ribarteme. declarada de Interese Turístico de Galicia ao igual que a Feira do Requeixo e do Mel; a Festa do Viño do Condado e a do Espumoso en Salvaterra de Miño ou a Festa do Tinto Rías Baixas das Neves.

O valor da terra, das montañas, dos ríos e dos vales que configuran o territorio Condado, Paradanta e Salceda de Caselas foron obxecto de orgullo para o alcalde de Mondariz Balneario salientando non so a súa beleza tamén a súa produtividade ofrecéndonos non só terras de cultivo tamén un espazo amable no que desenvolver todo tipo de prácticas deportivas en contacto coa natureza.Tamén destacou os 150 anos das augas mediciñais e terapéuticas de Mondariz Balneario. No stand de Turismo de Galicia en FITUR o GDR quixo facer protagonista a aposta pola arte da man das visitas guiadas e teatralizadas que nos descubren dun xeito creativo a arquitectura, as paisaxes, os costumes, a vida dos antergos e as tradicións, entre outras moitas actividades que promoven un turismo experiencial, activo e sensorial.