Neste momento estás a ver Axudas ao sector vitivinícola e subvencións para a planificación enerxética

Axudas ao sector vitivinícola e subvencións para a planificación enerxética

A Xunta de Galicia ven de publicar no DOG dúas liñas de axudas; unha para apoiar a produción e comercialización vitivinícola e outra para subvencionar proxectos de planificación enerxética  de entidades locais e comunidades enerxéticas.

No referente ao sector vitivinícola, a Consellería de Medio Rural mantén aberta unha convocatoria de axuda para a elaboración de comercialización de produtos vitivinícolas, dota con 4,5 millóns de euros.

As persoas interesadas en presentar as solicitudes terán de prazo ata o 31 de xaneiro de 2024.

Serán subvencionados custos como a construción, adquisición ou mellora de bens, compra de maquinaria e equipos, gastos administrativos (ata un 4% dos custos totais). Tamén se subvencionan software e dereitos de propiedade intelectual.

As axudas son do Fondo Europeo Agrícola de Garantía e poden solicitarse por empresas, organizacións de produtores e asociacións con personalidade xurídica.

Consulta  aquí  as bases reguladoras do DOG do 27 de decembro de 2023.

Axudas para a planificación enerxética

No DOG do 27 de decembro tamén se publica a liña de subvencións para a planificación enerxética de entidades locais e comunidades enerxéticas para a anualidade 2024.

Os proxectos susceptibles de recibir apoio económico serán: a contratación dos servizos xurídicos e/ou técnicos precisos para a mellora da planificación enerxética e contratación das subministracións enerxéticas das entidades locais; Contratación dos servizos de asistencia técnica e/ou xurídica precisos para a definición das infraestruturas enerxéticas necesarias e a definición, elaboración ou ampliación dos estatutos que rexen ou rexerán a operativa e xestión da comunidade enerxética a partir da súa constitución.

O prazo para presentar a solicitude é do 8 de xaneiro ao 15 de maio de 2024.

Consulta aquí as bases reguladoras do DOG do 27 de decembro de 2023.