Neste momento estás a ver Formación en citricultura ecolóxica

Formación en citricultura ecolóxica

O GDR Terra e Auga aposta pola recuperación das terras baldías e impulsa o coñecemento e formación sobre citricultura no territorio. A primeira das accións será desenvolver un curso de información e formación que se impartirá dende o 6 de abril ao 22 de xuño.

O curso teórico-práctico de Citricultura Ecolóxica que xa pechou inscrición ten como obxectivo converter as terras agrarias abandonadas en produtivas con cultivos axeitados ás condicións medioambientais e respectando sempre o equilibrio e harmonía co medio natural. O GDR organiza este curso repartido en cinco xornadas teóricas e prácticas. A parte teórica desenvolverase na biblioteca municipal das Neves (por ser o concello con máis persoas inscritas na formación) e parte práctica realizarase na parcela piloto do GDR en Rubiós, As Neves. Esta acción enmárcase na estratexia de desenvolvemento sostible “Reverdecendo” que o GDR Terra e Agua desenvolverá nos vindeiros anos.

A primeira xornada será o día 6 de abril arredor do cultivo de cítricos e do seu manexodende a preparación do solo á plantación. A segunda xornada será o 20 de abril abranguerá cuestións como a poda, o raiado e a enerxía na citricultura ecolóxica. O 11 de maio terá lugar a terceira xornada que centrará a súa atención no solo, na súa fertilidade e abonado. Para os días 8 e 22 de xuño prográmanse as dúas últimas sesións nas que se darán pautas de actuacón fronte a enfermidades e pragas e se obterán coñecementos sobre ventaxas da cuberta verde e manexo da biodiversidade.
O GDR promove o coñecemento da terra para un mellor aproveitamento e ferramenta para a dinamización económica do territorio.

Esta formación é financiada por Fondos Europeos a través do programa LEADER 14-20, gracias a convenio de colaboración entre o GDR e a AGADER, da Conselleria de Medio Rural da Xunta de Galicia.