AXUDAS PARA A EXECUCIÓN DE OPERACIÓNS EN APOIO DE TERCEIRAS PERSOAS
A AGADER, da Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia, publicou no DOG as Bases Reguladoras e convocatoria de axudas para a posta en marcha de proxectos no rural a través da Intervención Leader ao abeiro da PEPAC 2023 – 2027.
A convocatoria está dotada con 1.260.663,70 € a executar en tres anualidades: 2026, 2027, 2028.
DATOS BÁSICOS DA CONVOCATORIA
ABERTO ATA O 6 DE ABRIL
1.260.663,70 €
EN TRES ANUALIDADES
COMPETITIVA
Os proxectos poderán ser promovidos por:
- Persoas físicas
- Empresas
- Entidades privadas sen ánimo de lucro
- Comunidades de montes ou mancomunidades
- Entidades públicas de carácter local ou comarcal
PROXECTOS PRODUTIVOS
Son proxectos que supoñen a realización dunha actividade económica, tendentes á produción de bens ou servizos e que supoñen unha creación e/ou
mantemento de emprego.
PROXECTOS PRODUTIVOS – BONO ACTIVA RURAL
O Bono activa rural configúrase como unha subvención que se basea nun importe de axuda a tanto global destinado á creación e posta en marcha de actividades non agrarias en zonas rurais.
As persoas beneficiarias desta tipoloxía de proxectos son as persoas físicas que se dean de alta no réxime de traballadores autónomos e xeren unha actividade empresarial a título individual en que polo menos creen o seu posto de traballo, sempre e cando non estivesen dadas de alta no réxime de autónomos na mesma actividade para a cal se solicita a axuda nos últimos tres anos
PROXECTOS NON PRODUTIVOS
Proxectos promovidos por entidades privadas sen ánimo de lucro, entidades públicas locais ou comunidades de montes que non supoñan o inicio ou o desenvolvemento dunha actividade económica e que teñan interese público e colectivo.
A Intervención Leader poderá subvencionar proxectos que encadrables nos seguintes sectores:
- Producción agraria primaria
- Transformación de produtos agrarios
- Transformación e comercialización de produtos forestais
- Creación, modernización ou ampliación de empresas que desenvolvan actividades non agrarias
- Bono activa rural
- Proxectos non produtivos
As actuacións subvencionables indicadas anteriormente están limitadas en función do sector: producción agraria primaria, transformación de produtos agrarios, transformación e comercialización de produtos forestais e no bono activa. Todas estas limitacións figuran en detalle nas Bases Reguladoras e nos Criterios de Selección e Baremación de Proxectos.
Do mesmo xeito, a subvencionabilidade de proxectos vinculados ao sector turístico estará supeditada tamén ao indicado no convenio asinado entre a AGADER e a Axencia Turismo de Galicia.
O orzamento total da convocatoria para o GDR Terra e Auga é de 1.260.663,70 €. Este orzamento dividirase, en diferente porcentaxe, entre as diferentes tipoloxías de proxectos: produtivos, non produtivos promovidos por entidades privadas e non produtivos promovidos por entidades públicas.
Os límites máixmos de axuda tamén varían segundo a tipoloxía de proxectos:
PROXECTOS PRODUTIVOS
- Porcentaxe de axuda máxima: 50 %
- Puntuación mínima para acadar a porcentaxe máxima de axuda: 70 puntos
- Contía máxima de axuda: 100.000 €
PROXECTOS NON PRODUTIVOS PROMOVIDOS POR ENTIDADES PRIVADAS
- Porcentaxe de axuda máxima:
- Proxectos de prioridade alta: 90 %
- Proxectos de prioridade media: 70 %
- Proxectos de prioridade baixa: 50 %
- Puntuación mínima para acadar a porcentaxe máxima de axuda: 70 puntos
- Contía máxima de axuda:
- Proxectos de prioridade alta: 55.000 €
- Proxectos de prioridade media: 45.000 €
- Proxectos de prioridade baixa: 35.000 €
PROXECTOS NON PRODUTIVOS PROMOVIDOS POR ENTIDADES PÚBLICAS
- Porcentaxe de axuda máxima:
- Proxectos de prioridade alta: 90 %
- Proxectos de prioridade media: 70 %
- Proxectos de prioridade baixa: 50 %
- Puntuación mínima para acadar a porcentaxe máxima de axuda: 50 puntos
- Contía máxima de axuda:
- Proxectos de prioridade alta: 55.000 €
- Proxectos de prioridade media: 45.000 €
- Proxectos de prioridade baixa: 35.000 €
A execución e xustificación dos proxectos que resulten beneficiados realizarase ao longo de tres anualidades, entre 2026 e 2028, seguindo o indicado tanto nas Bases Reguladoras coma na propia Resolución de concesión da axuda.
No ano 2026 o prazo para a xustificación parcial do 10 % do orzamento aceptado, rematará o 30 de decembro.
No ano 2027 o prazo para a xustificación parcial do 40 % do orzamento aceptado, rematará o 1 de xullo.
No ano 2028 o prazo para a xustificación parcial do 50 % do orzamento aceptado, rematará o 15 de setembro.
Os pagamentos serán realizados por parte da AGADER toda vez que os promotores realicen a solicitude de pagamento correctamente e con toda a documentación xustificativa solicitada. O pagamento distribuirase nas mesmas porcentaxes que a propia xustificación dos proxectos.
