AXUDAS E SUBVENCIÓNS
Baixo a metodoloxía LEADER (Ligazóns Entre as Actividades de Desenvolvemento da Economía Rural) e impulsado pola Unión Europea desde 1991 para descentralizar as políticas de desenvolvemento rural, poñemos á túa disposición un conxunto de medidas enfocadas a que o territorio rural deixe de ser un simple destinatario destas políticas para converterse en protagonista do seu propio desenvolvemento.
O LEADER E O GDR
O LEADER (Ligazóns Entre as Actividades de Desenvolvemento da Economía Rural) é o conxunto de medidas do PEPAC que se executa coa finalidade de descentralizar as políticas de desenvolvemento rural, de xeito que cada territorio rural convértase en protagonista do seu propio desenvolvemento.
Cada grupo conta cunha estrutura técnica que se dedica ó labor de dinamización, mobilización e promoción con fin de acomodar a estratexia deseñada ó seu territorio, co obxectivo de que xurdan proxectos que se poidan financiar ó abeiro do programa.
É o propio GDR quen se encarga de analizar e valorar os proxectos e, en función diso, o seu órgano directivo atribúe unha porcentaxe da axuda partindo duns criterios predefinidos e coñecidos publicamente. A decisión trasládase a AGADER que, logo de revisar que a atribución do GDR se axusta á normativa, resolve a concesión da axuda.
LEADER 2023-2027
O 2 de xuño de 2022 foi publicado no DOG a Resolución do 18 de maio de 2022, pola que se publica o
Acordo do Consello de Dirección do 20 de abril de 2022, no que se aproban as bases reguladoras para
a selección de organizacións candidatas a converterse en entidades colaboradoras na medida Leader de
Galicia para o período 2023 – 2027, para a concesión de axudas orientadas á adquisición de capacidades
e para accións preparatorias en apoio do deseño das futuras estratexias de desenvolvemento local participativo, para o período de programación 2023 – 2027.
Dende entón, o GDR Terra e Auga iniciou os trámites e traballos para a elaboración da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativa (EDLP).
O ENFOQUE LEADER
O enfoque LEADER persegue unha aplicación do desenvolvemento rural baseado principalmente na participación da propia poboación do territorio, integrando todos os recursos e actores económicos e humanos que existan na comarca de actuación.
Tendo en conta as características específicas do territorio rural galego e o xa citado obxectivo de contribuír á estratexia europea 2030 acadando un desenvolvemento territorial equilibrado, incluíndo a creación e a conservación do emprego, o enfoque Leader para o período 2023-2027 en Galicia orientarase á consecución prioritaria dos seguintes, obxectivos:
- Mellorar as condicións para crear e manter emprego no medio rural.
- Mellorar e implementar servizos para a poboación nas zonas rurais, favorecendo a mellora do nivel de vida da poboación rural, a inclusión social e a redución da pobreza.
- Favorecer a ocupación sostible do territorio, prestando atención especial aos colectivos máis desfavorecidos, como as mulleres, os mozos/as, as persoas con discapacidade, as persoas maiores, etc.
- Garantir a sustentabilidade da actividade no medio rural, mediante un coidado e utilización adecuada dos recursos naturais.
- Potenciar a gobernanza local e a animación social do territorio.
- Contribuír á concienciación e ao fomento da necesidade de pasar a unha economía baixa en carbono e capaz de adaptarse ao cambio climático, fomentando a utilización de enerxías renovables e a mellora da eficiencia enerxética.
Coa finalidade de estender a aplicación da metodoloxía LEADER o máximo posible, o territorio elixible será todo o rural galego, coa excepción das entidades singulares de poboación que superan os 6.000 habitantes nas provincias atlánticas da Coruña e de Pontevedra (xunto cos termos municipais de A Coruña e Vigo).
METODOLOXÍA LEADER
Trátase de “procesos de abaixo cara a arriba”.
A estratexia ou programa de desenvolvemento defínese no ámbito local ou comarcal e as decisións, liñas que se propoñen, proxectos que se financian…, son tomadas nese mesmo ámbito por unións de axentes públicos e privados, os chamados Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR). Implica unha formulación multisectorial, tanto na dimensión económica, non só o sector primario, como no resto de dimensións sociais: equipamentos, servizos e dotacións públicas, patrimonio cultural, medioambiente, relacións sociais …
Incorpórase a innovación como un elemento relevante, non entendida unicamente como elemento tecnolóxico, senón como novos xeitos de enfrontar os procesos no territorio, a solución de problemas, a participación e implicación da poboación, a satisfacción das necesidades…
Un último elemento definitorio da metodoloxía LEADER é o traballo en rede e a cooperación entre territorios xa que a aposta por un medio rural vivo pasa por establecer alianzas entre os distintos territorios rurais.
QUEN PODE OPTAR?
Calquera persoa física ou xurídica que promova un proxecto no ámbito de actuación dun Grupo de Desenvolvemento Rural pode solicitar unha subvención. Os promotores non precisan formar parte do GDR para obter financiamento do programa LEADER. O que se debe ter en conta é que en función do proxecto pode haber restricións adicionais que recolle a normativa de aplicación (Exemplo: para os proxectos de natureza económica exclúense as grandes empresas).
Todas as entidades públicas ou privadas que desenvolvan a súa actividade nas áreas territoriais definidas do ámbito económico, social, cultural, veciñal, medioambiental, profesional, comunidades de montes etc. non só poden senón que deben implicarse no programa LEADER do seu territorio.
COMO SE PARTICIPA?
O programa LEADER de cada territorio deséñao e execútao un Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR).
- Tramitación Axudas Intervención Leader 2023 – 2027:
- A solicitude de axuda, realizarase por vía electrónica a través de https://sede.xunta.gal,
- Procedemento: MR701L AXUDAS LEADER. PEPAC 23 – 27
- Documentación mínima a presentar no momento da solicitude:
- Solicitude
- Relación de ofertas solicitadas e elixidas, xuntaranse tres ofertas de diferentes provedores que vaian orzamentar o mesmo ben. As ofertas teñen que ser auténticas, suficientemente detalladas e os provedores que sexan reais. As ofertas teñen que vir cos datos do provedor e cliente completos (nome, dni, enderezo, teléfono, etc…), e co selo e sinatura do provedor. Non pode existir vinculacións entre os provedores e clientes.
- Declaración sobre as ofertas solicitada e elixidas
- Anexos complementarios
- Unha vez presentada a solicitude de axuda, o Equipo Técnico do GDR ten dez días para realizar a Acta de non Inicio (ANI), e solicitar a documentación complementaria para continuar coa a tramitación do Expediente.
- Calendario de xestión:
- Prazos de presentación: 1 mes a partir da publicación da convocatoria.
- Proxectos que conten coa Resolución de concesión de axuda:
- Xustificación e execución do proxecto, 15 de outubro da primeira anualidade e 15 de xullo na segunda anualidad.
- Poderase xustificar o proxecto en dúas anualidades, da seguinte forma:
- Primeira anualidade: mínimo 10% e máximo 100%.
- Segunda anualidade: mínimo 0% e máximo 90%.
Para resolver calquera dúbida, contacte con nós.
COMO SE VALORA?
A valoración do GDR determinará a porcentaxe de subvención para cada proxecto. Así e todo, para os proxectos de natureza produtiva – os que se destinan a producir bens ou prestar servizos orientados ao mercado – non han superar nunca o 50% de axuda pública. Pola contra, os proxectos de natureza non produtiva – os que se destinan á prestación de servizos públicos gratuítos, a dotacións ou a mellorar a calidade de vida no rural – poden chegar a acadar o 90% do financiamento, aínda que como norma xeral o promotor sempre deberá facer algunha achega.
CRITERIOS DE SELECCIÓN E BAREMACIÓN DE PROXECTOS
DOCUMENTACIÓN
CONVOCATORIA 25 – 26
EDLP 23 – 27 Reverdecendo Condado Paradanta
Necesidades detectadas en el territorio
Criterios de selección y baremación de proyectos
Bases reguladoras da Intervención Leader da PEPAC 23 – 27
Anexos (só a título informativo)
Ficha para proxectos relacionados coa creación de prazas de aloxamento