O domingo 22 de
maio celebrase unha nova edición da Sestelo – Clásica Álvaro Pino, unha ruta cicloturista
que homenaxea a traxectoria do campión nacional, Álvaro Pino e que pasará por
varios concellos do territorio Condado Paradanta.
Para o ponteareán
é unha honra que a ruta leve o seu nome e considera todo un privilexio poder gozar
da paisaxe desde a bicicleta.
A ruta de cicloturismo pasa por diferentes concellos do Condado Paradanta, o que supón unha gran oportunidade para coñecer o territorio. Que é o que máis destaca da zona?
Só o feito de poder gozar
dende a bicicleta da nosa fermosa paisaxe e un verdadeiro pracer.
O ciclismo é unha
actividade ideal para coñecer Condado Paradanta, porque é un territorio que
combina na súa parte norte, zonas altas de montaña con altos como os de
Piñeiro, Luneda e Moncelo, que forman parte do percorrido da proba, cunha orografía
máis suave como é a ribeira do Río Miño,na parte sur.
Ademais a experiencia
complétase coa variada oferta gastronómica, enolóxica e de aloxamentos. Podemos
realizar a ruta e aproveitar a oferta turística que nos ofrece o noso
territorio fronteirizo.
O turismo
deportivo está en auxe e o ciclismo é un dos motivos. Aproximadamente, cantas
persoas visitan o territorio durante unha actividade desta natureza?
Entre participantes e acompañantes, máis de un milleiro.
Sen subida é un gran atractivo para a zona.
Xa para rematar,
para os visitantes de fóra do territorio. Que lles aconsella facer ou visitar
antes ou despois da ruta de cicloturismo?
A verdade é que non sabería por onde empezar, pero xa que
o tempo acompaña, despois da proba poden mergullarse nas praias fluviais de
Maceira e a Freixa. Outra opción moi atractiva e totalmente recomendable é
aproveitar as augas termais de Salvaterra de Miño ou visitar o afamado
Balneario de Mondariz.
Tamén aconsello non marchar da zona sen visitar algunha
das adegas e degustar os mellores viños da DO Rías Baixas, e se o complementan
coa degustación de produtos locais como a lamprea, o xamón ou doces como o
requeixo ou as rosquillas, a experiencia é redonda. Aquí hai moitos restaurantes
nos que escoller, así que eu non tería dúbidas para probar a gastronomía típica
da zona.
E si queda tempo, tamén recomendo aproveitar a estancia
para percorrer algúns dos múltiples sendeiros para empaparse da paisaxe e dos
ríos como o Tea, o Deva e o Miño.
E algunha
recomendación cultural?
A Franqueira e o Castelo de Sobroso, visitas que nunca
defraudan!