COOPERACIÓN LEADER
Dinamización de produtos ecolóxicos, de tempada e proximidade
REDE ECOCOMEDORES
-
Ecocomedores
QUE É?
A Rede Ecocomedores é un proxecto de cooperación Leader cuxa finalidade é impulsar desde os Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR) a incorporación de centros educativos nunha nova “Rede”, chamada Rede EcoComedores, coa finalidade de que inclúan nos seus menús produto local, de tempada e ecolóxico. -
Ecocomedores
CAL É A SÚA FINALIDADE?
Defínense tres obxectivos específicos: ❶Acompañar á comunidade escolar durante o curso para revisar os menús de cada centro, analizando as necesidade e cambios para a incorporación de produto local, de tempada e ecolóxico. ❷ Promocionar os produtos locais, facilitando a comercialización en circuítos curtos e o contacto entre as escolas e as explotacións agrarias, contribuíndo así á diminución da pegada de carbono dos alimentos. ❸ Divulgar o proxecto entre as familiar, equipos educativos e a sociedade en xeral -
Ecocomedores
QUEN PARTICIPA?
O GDR coordinador é o GDR Mariñas Betanzos. Os socios do proxecto son os GDR de Seitura 22, Ulla Tambre Mandeo, Terras de Miranda, Terra Chá, Comarca de Lugo, Montes e Vales Orientais, Limia Arnoia, Miño Ulla, Terra e Auga, Eu Rural; así como Gadisa Retail e a Axencia Galega de Servizos Sociais.
AS LIÑAS DE ACTUACIÓN:
ASESORAMENTO NUTRICIONAL A CENTROS ESCOLARES
- Acompañar á comunidade escolar durante o curso 2022 – 2023 para revisar os menús de cada centro, analizando ás necesidades e cambios que sería necesario aplicar para elaborar menús saludables, con produto local, de tempada e ecolóxico, sen que supoña un incremento económico da partida alimentaria.
SEMINARIOS DE FORMACIÓN A PERSOAL DE COCIÑA
- Formar ao persoal de cociña sobre a importancia da temporalidade, km0, estrutura base dun menú, fichas técnicas…
XORNADAS DE MENU CON PRODUTO LOCAL E/OU ECOLÓXICO
- Promocionar os produtos locais, facilitando a comercialización en circuítos curtos que permitan a diminución da pegada de carbono derivada dos transportes a graneles e grandes distancias dos produtos alimenticios, o apoio comercial e de distribución de pequenas empresas agroalimentarias do rural e facilitar a achega destes produtos de proximidade a un maior número de consumidores.
INFORMACIÓN E COMUNICACIÓN
- ivulgar e das a coñecer o proxecto entre as familias e equipos educativos