Neste momento estás a ver As empresas do Xeodestino Condado Paradanta alíanse para crear territorio

As empresas do Xeodestino Condado Paradanta alíanse para crear territorio

Empresas do Xeodestino Condado Paradanta participaron no networking organizado polo GDR Condado Paradanta para  analizar o  traballo realizado, adiantar as liñas a seguir, recoller inquedanzas e, sobre todo, establecer alianzas.

Acompañados da deputada provincial e alcaldesa de Ponteareas, Nava Castro; do alcalde de As Neves, José Manuel Alfonso, do xerente do Clúster de Turismo de Galicia, Cesáreo González, e das técnicas do SICTED reflexionaron sobre as accións realizadas como o Plan Estratéxico para o 19/21 e propuxeron novas iniciativas e vías de traballo para os vindeiros anos.

Na procura de novos avances o xerente do GDR, Paco González, insistíu na necesidade de crear cohesión e sentimento de pertenza a un territorio máis aló das fronteiras de cada concello. Fortalecer a cooperación; crear novas infraestruturas, produtos e servizos e buscar a singularidade a través do traballo en rede son as ferramentas necesarias para xerar unha marca forte capaz de posicionarse nos postos máis altos do sector turístico. Co obxectivo de ofrecer unha oferta completa e de calidade que satisfaga todas as necesidades sen saír do territorio, empresas e Xeodestino traballarán para deseñar accións conxuntas e transversais de formación, dixitalización, innovación e promoción das xentes, empresas e terras do Condado e da Paradanta.

EMPRESAS

Durante o encontro as empresas déronse a conocer para establecer un tecido colaborativo no que cada unha poida completar os servizos da outra e todas xuntas vender a mesma imaxe de calidade e marca. As empresas participantes analizaron xunto ao xerente do Clúster de Turismo de Galicia e técnicos do GDR a situación actual, o posicionamento, as fortalezas e as debilidades do territorio e propuxeron novas accións a desenvolver.

Dende o ano 2018 o GDR dirixe o xeodestino invetindo preto de 500.000€ (476923€) en accións de dinamización, formación e posta en valor con cargo a fondos LEADER, a convenios con Turismo de Galicia e fondos propios do xeodestino ao longo destes últimos anos que dan paso a novas apostas.

Ademais, o xerente do GDR presentou os proxectos deseñados baixo o Plan de Sustentabilidade Turística en Destino (PSTD) “Destino Enogastronómico Condado Paradanta Sabe” que se desenvolverán nos vindeiros anos cun investimento total de 1.500.000€.