A Cañiza, 12 de abril de 2023, A veciñanza do territorio do Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) do Condado Paradanta analizou a importancia da Transición territorial na Transición ecolóxica na zona, nunha xornada realizada o 14 de abril, na Casa da Xuventude das Neves.
O encontro foi o segundo do ciclo de tres xornadas, organizado polo GDR no contexto do proceso para a elaboración da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativa, do programa LEADER para o período 2023 – 2027, que xa se iniciou no último semestre de 2023.
Segundo o presidente do GDR, Juan Pablo Castillo, “a participación veciñal foi exemplear, e o GDR recollerá tódalas achegas”. As suxestións da veciñanza serán tidas en conta á hora de decidir que proxectos poderán ser candidatos aos fondos europeos para os vindeiros catro anos.
Transición territorial
O encontro centrouse na importancia de acadar a transición territorial e ecolóxica para desenvolver o potencial do territorio. De tal maneira que, entre os temas a tratar atopáronse a ordenación e usos do territorio, a mobilidade de terras agrarias e as figuras de xestión.
Na xornada participaron a directora da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural da Xunta de Galicia, Inés Santé; o cofundador de estudo MMASA , Luciano Alfaya e a arquitecta da Fundación Juana de Vega, Nuria Freire. Tamén interveu o alcalde das Neves, Xosé Manuel Rodríguez, e o xerente do GDR Condado Paradanta, Paco González.
Despois dos relatorios houbo un espazo de reflexión e debate onde o público compartiu as súas inquedanzas, dubidas e achegas e participou activamente das liñas de desenvolvemento económico, social e ambiental do territorio.
Outras sesións
Despois da segunda xornada do 14 de abril nas Neves, pecharase o ciclo en Covelo, o dia 28 deste mes, e centrará a temática na Transición Enerxética.