A Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia vén de publicar as axudas para accións silvícolas de prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e para o incremento da capacidade de adaptación e do valor ambiental dos ecosistemas forestais, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, para o ano 2023.
Existen dúas liñas de axuda: axudas para realizar tratamentos silvícolas a pequena escala coa finalidade de prevención de incendios e as axudas para accións silvícolas de prevención dos danos causados nas masas de coníferas por enfermidades fúnxicas defoliadoras, e, especificamente, en piñeirais de piñeiro do país (Pinus pinaster), piñeiro insigne (Pinus radiata) e piñeiro negral (Pinus nigra); axudas para realizar tratamentos silvícolas (rareos, desmestas, podas, cortas de formación, rozas, etc.) e plantacións puntuais de determinadas árbores, directamente vinculadas ao incremento dos valores ecolóxicos dos bosques que non teñan carácter produtivo.
O prazo para presentar as solicitudes remata o 10 de marzo de 2023.
Consulta as bases reguladoras publicadas no DOG o 27 de xaneiro de 2023