A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural vén de publicar no DOG a nova convocatoria das Axudas Leaeder para as anualidades 2023 e 2024, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader)
Segundo se recolle na resolución “Serán subvencionables os proxectos que teñan encadramento na estratexia de desenvolvemento local de cada GDR, de forma que respondan ás prioridades e aos obxectivos especificamente recollidos na estratexia, sempre e cando cumpran as condicións de subvencionabilidade que se especifiquen nas fichas de elixibilidade recollidas no capítulo VII das bases reguladoras.”
Poderán acceder ás axudas, calquera persoa o entidade a través do Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR), que queira desenvolver iniciativas de dinamización de carácter produtivo (de carácter lucrativo) ou non produtivo( de interese público ou colectivo)
A axudas concederanse seguindo o procedemento de concurrencia participativa a través de cada GDR e as persoas beneficiarias de poderán pedir o anticipo de ata un 50% da subevención concedida, no caso dos proxectos produtivos e ata un 90% os non produtivos.
A nova convocatoria, que conta con 15,3 millóns de euros está cofinanciada nun 75% polo Feader, un 25% pola Administración xeral do Estado e un 22,5 pola Xunta de Galicia.
O prazo para presentar as solicitudes remata o 31 de xaneiro de 2023.