O GDR Condado Paradanta colabora coa Axencia Galega da Calidade Alimentaria AGACAL para a organización dunhas accións ao redor da castaña. Trátase de dúas xornadas sobre as “Nocións básicas para o aproveitamento dos soutos” e unha sobre “O castiñeiro de froito: planificación e deseño das plantacións”
A inscrición é totalmente GRATUÍTA.
Esta actividade encadrase dentro do Plan de Transferencia para o apoio ás actividades de demostración e de información ao agro galego 2020. Financiadas co 75% de Fondos FEADER.
Actividade promovida pola Consellería de Medio Rural, a Axencia Galega de Calidade Alimentaria (AGACAL), o Departamento de Investigación e Transferencia e o GDR Condado Paradanta.