XEODESTINO

Temos realizado un amplio catálogo de recursos naturales e culturales que poñemos á túa disposición a través do noso visor turístico. Sexa cal sexa a actividade que queiras realizar, só ou en familia, aquí atoparás a localización dos lugares máis interesantes da nosa comarca. ¿A qué espera para descubrilos?

¿POR QUÉ UN VISOR TURÍSTICO?

A tecnoloxía e o turismo veñen estando fortemente vinculadas dende a chegada de internet ós fogares. Trátase do sector, sen dúbida, que máis rápido adoptou e implantou ferramentas dixitáis, poñendo nas mans dos consumidores a posibilidade de facer deteminadas xestións que, anteriormente, tiñan que facerse de modo “real” a través de axencias de viaxes.

En resposta á tendencia que teñen os turistas de asimilar rápidamente calquer proposta tecnolóxica que se lles faga, o visor nace ca intención de trasladar a formato dixital a información dispoñible nunha área xeográfica determinada, agregando ferramentas de xeolocalización que faciliten a búsqueda e o desprazamento dos visitantes ata os lugares de interés, sexan cal sexan.

POSTA EN MARCHA DO XEODESTINO CONDADO PARADANTA

Segundo a Lei 7/2011, de 27 de outubro. de turismo de Galicia un xeodestino son áreas ou espazos xeográficos que comparten unha homoxeneidade territorial baseada nos seus recursos turísticos naturais, patrimoniais e culturais, con capacidade para xerar fluxos turísticos e que, xunto a súa poboacións, conforman unha identidade turística diferenciada e singular.

Inda que a posta en marcha deste visor turístico é realizado polo GDR, con cargo a submedida 19.2B do Programa LEADER Galicia 2014-2020, de mameira paralela ponse en funcionamento o Xeodestino Condado Paradanta, que se constituiu no ano 2016. En setembro deste ano e co acordo dos Alcaldes dos dez Concellos da Comarca, o mesmo territorio que xestiona o GDR, e en parte debido a iso, decíden que sexa este ente quen xestione o Xeodestino.

CÓMO FUNCIONA

A través do visor dispoñible na internet e accesible dende calquer dispositivo móvil ou ordenador, os visitantes poden xeolocalizarse a través do GPS en calquer punto da Comarca e coñecer qué lugares de interés teñen ó seu arredor, accedendo á información concreta sobre ese punto e dispoñendo do mapa de recorrido para chegar ata alí de modo sinxelo. Tendo en conta que prácticamente o 100% das persoas viaxan con smartphones no seu peto, este modo de obter información en tempo real supón un avance en comodidade e precisión.

QUÉ SE PODE VER

O visor específicamente creado para a Comarca Condado Paradanta dache acceso á máis dun milleiro de puntos de interés, repartidos entre:

  • ADEGAS
  • ALOXAMENTO: ALBERGUES, HOTÉIS, CASAS RURÁIS
  • ÁREAS DE RECREO
  • ÁREAS PARA AUTOCARAVANAS
  • ARQUITECTURA CIVIL
  • BALNEARIOS
  • BIBLIOTECAS
  • CAMPINGS
  • CAMPOS DE GOLF
  • CASTELOS · FORTALEZAS
  • CENTROS DE INTERPRETACIÓN
  • CRUCEIROS
  • CULTURA CASTREXA
  • DÓLMENES
  • FESTAS DE INTERÉS
  • FONTES
  • HÓRREOS
  • IGREXAS
  • MERCADOS · MERCADILLOS · HIPERMERCADOS
  • MIRADOIROS
  • MUIÑOS
  • MUSEOS
  • PARQUES ETNOGRÁFICOS
  • PAZOS
  • PONTES
  • PUNTOS DE INFORMACIÓN
  • RESTAURANTES
  • TURISMO DEPORTIVO · TURISMO RURAL
  • ZEC – REDE NATURA 2000

MATERIAL PROMOCIONAL