Blog
EN QUE CONSISTE?
Consiste en ofrecer aos visitantes a oportunidade de coñecer un viñedo de uva albariño localizado na única adega con DO Rías Baixas no Concello de Ponteareas. Para diferencialo de experiencias noutras adegas, o enfoque será máis cara á viticultura que cara á elaboración do viño albariño propiamente dito, incluíndo a historia dunha pequena adega familiar como é Adega Rubén e as características do viñedo.
Inclúe cata do albariño Vila do Corpus, marca producida pola adega, acompañada duns petiscos e a oferta do viño a un prezo moi especial, a partir de 2 botellas, con un pequeno obsequio / lembranza incluído no lote
O roteiro para levar aos clientes pode – opcionalmente – incluír un percorrido por puntos de interese na zona, como o monte da Picaraña, a Pedra do Equilibro e o Castelo de Vilasobroso. A xestión estará a cargo de Vinosobroso.
CONDICIÓNS
Cando?
Dispoñible de Martes a Sábados con dous horarios:
Na mañá de 11:30 a 13:30 e tarde de 16:30 a 18:30. Domingo dispoñible só en horario da mañá
Suxeito a confirmación da dispoñibilidade da adega, condicións meteorolóxicas e número mínimo de participantes interesados na mesma opción en cada quenda.
Participantes
Mínimo catro e máximo oito
PREZO
- Opción A – Visita ao viñedo da Adega Ruben. 8 € por persoa para portadores do pasaporte e os seus respectivos acompañantes aloxados na nosa casa rural. 8€ para no portadores do PCP.
- Opción B – Visita ao viñedo da Adega Ruben cun percorrido previo por puntos de interese turístico: Castelo de Vilasobroso, Monte a Picaraña e Pena do Equilibrio. 10 € por persoa para portadores do pasaporte e os seus respectivos acompañantes aloxados na casa rural. Esta opción es exclusiva para portadores do PCP.
RESERVA
Para a reserva desta experiencia é preciso facelo con 24 horas de antelación
A continuación atoparás os datos de contacto para facer a túa reserva.
