Neste momento estás a ver Terras do Condado Paradanta,  xeodestino natural

Terras do Condado Paradanta, xeodestino natural

O Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) do Condado Paradanta pon en valor os recursos naturais do territorio para posicionalo como un xeodestino responsable e promotor do turismo sostible

Coñecedores das potencialidades da zona, dende a entidade supramunicipal destacan como principais atractivos a súa ubicación privilexiada (área fronteiriza preto de Vigo e Portugal), a importancia dos espazos naturais, a valía do seu patrimonio cultural e a riqueza enogastronómica. Segundo o presidente do GDR, Juan Pablo Castillo  “Terras do Condado Paradanta é un destino especial, lonxe das grandes masificacións, que ofrece actividades de lecer para persoas de tódalas idades e con preferencias variadas, xa que se pode practicar o turismo activo en contornas únicas, e tamén gozar de tempo de descanso preto da natureza, á vez que degustas uns dos mellores viños galegos”.

 Roteiros

O sendeirismo é unha das actividades máis demandadas no territorio, tanto pola veciñanza como por visitantes de fóra. Por este motivo, O GDR puxo a disposición do público unha listaxe con 39 roteiros de diversa duración e nivel.

Tanto na súa web, como no seu perfil de Wikilok o usuario atopará toda a información necesaria para realizar os diferentes roteiros que percorren o Condado Paradanta. “A mellor maneira de coñecer o territorio é percorrelo a pe” apunta Castillo, quen convida a realizar as rutas por diversas áreas da zona. A  través de elas, e dos 330 km que discorren polos concellos que integran o xeodestino, poderán descubrir importantes recursos turísticos e relevante patrimonio etnográfico, natural e  arquitectónico así como praias fluviais, fervenzas, pesqueiras, masas de frondosas con bosque autóctono, miradoiros, etc.

Malaia o bo clima e as suaves temperaturas, recoméndase realizar as rutas pola mañá e rematar a xornada cunha boa comida e un bo descanso nalgún dos numerosos establecementos que contan co selo de calidade turística SICTED. As persoas interesadas poderán consultar na web gdrcondadoparadanta.gal cales son as empresas certificadas.

Enogastronomía

A viticultura ligada a gastronomía fan do Condado Paradanta un destino enogastronómico singular. Numerosas adegas ofrecen ao público unha experiencia única para desgustar os mellores viños da subzona do Condado do Tea da DO Rías Baixas e, cada vez son máis as que ofertan unha visita guiada  que inclúe catas comentadas. Recoméndase contactar directamente coa adega e acordar a reserva.