Blog
EN QUE CONSISTE?
A actividade constará de dúas partes: para comezar, realizaremos un breve percorrido polas instalacións da adega para que o visitante adquira unhas nocións básicas do noso proceso de elaboración e da nosa historia.
Na segunda parte, subiremos en vehículo de empresa ao miradoiro de San Nomedio para marabillarnos coa panorámica da nosa comarca e brindar con dous dos nosos viños máis emblemáticos.
CONDICIÓNS
Cando?
Durante todo o ano en horarios prefixados os venres pola tarde e o domingo pola mañá agás se cadran en 25 de decembro ou 1 de xaneiro.
A actividade está suxeita as condicións meteorolóxicas
Participantes
Mínimo dous e máximo cinco
PREZO
15 € por persoa.
Menores de 12 anos 8 €
RESERVA
Para a reserva desta experiencia é preciso facelo con corenta e oito horas de antelación.
A continuación atoparás os datos de contacto para facer a túa reserva.
