GDR TERRA E AUGA
Propoñemos accións que axuden á posta en valor dos recursos do territorio, que potencien os negocios do territorio e que promovan sinerxias entre persoas. Xestionamos fondos e programas europeos orientados ó desenvolvemento económico do entorno.
QUE É O GDR?
É unha asociación sen fins de lucro que se constitúe en A Cañiza o 30 de xullo de 2008 coa finalidade de vertebrar os diferentes sectores socioeconómicos da comarca Condado Paradanta e Salceda de Caselas e constituírse nun foro de debate continuo sobre os problemas do territorio, prestando especial atención á mocidade, ás mulleres, á protección do ambiente, á creación de emprego e ás actividades agrogandeiras e forestais.
Porque queremos poñer en valor dous recursos naturais de especial importancia para as actividades económicas, sociais e medioambientais.
O noso territorio está formado por terra fértil e produtiva, modelado por auga rica e vital para preservar a biodiversidade e o noso xeito de vida.
Somos terra de viño, somos auga de río e auga termal. Somos horta, alimento e terra produtiva. Somos auga, vida, saúde e porvir…
O GDR Terra e Auga quere poñer en valor os nosos recursos naturais e, en torno a eles, avanzar estratexicamente cara un modelo de crecemento rural máis sostible e dinámico.
Potenciar o desenvolvemento socioeconómico sostible, endóxeno, harmónico do noso territorio de actuación a través da xestión do programa LEADER e outras fontes de financiamento público e ou privado.
Entendemos por:
- Sostible: o aproveitamento actual e consciente dos recursos do territorio, sen comprometer ás xeracións futuras. Terra e auga deben perdurar no tempo.
- Endóxeno: actuamos segundo a metodoloxía LEADER, que implica procedementos participativos, a través do empoderamento dos diferentes actores do territorio na toma de decisión. Dende O GDR animamos á veciñanza a participar, organizar e transmitir as súas inquedanzas e achegas para mellorar ás condicións de vida do territorio. O desenvolvemento local debe producirse desde dentro.
- Harmónico: o desenvolvemento integral, xusto e equitativo de tódalas partes que integran o territorio.
Ser a entidade de referencia para a veciñanza, as asociacións, as empresas e as administracións públicas que busquen cubrir necesidades, resolver problemas ou achegar ideas de mellora que repercutan no ámbito supramanuncipal do territorio de actuación. Traballamos baixo a metodoloxía LEADER, de abaixo cara arriba, para deseñar estratexias de desenvolvemento rural adecuadas ás realidades e capacidades locais.
ORGANIZACIÓN DO GDR:
Asemblea Xeral
Máximo órgano decisorio da Asociación. Integrada por todos e todas os socios e as socias.
FACERSE SOCIO
- Condicións para ser socio do GDR:
- Ser unha entidade pública (concello, deputación ou entidades locais)
- Ser unha entidade privada (axentes económicos e sociais)
- Estar aliñado cos fins e valores do GDR
- Ter o domicilio social no territorio ou acreditar a actividade no territorio.
- Como facelo:
- Solicitar o seu ingreso en documento escrito
- Acreditar un ano de actividade no territorio
- A Xunta Directiva e o equipo técnico estudará a proposta e resolverá a súa aceptación ou denegación de acceso.
Mesas sectoriais
Son os órganos representantes do axentes territoriais dentro da asociación.
- Asociacións de mulleres
- Asociacións de mozos
- Asociacións de acción social
- Asociacións cuxo obxecto social garde relación coa protección, conservación e/ou mellora do medio ambiente
- Asociacións do sector agrario
- Asociacións de empresarios
- Asociacións profesionais
- Asociacións culturais
- Entidades públicas
- Outros
Xunta Directiva
Órgano executivo da asociación composta por presidente, vicepresidente, secretario, tesoureiro e vogais ata un total de 21 membros:
- Presidencia: Concello de Covelo
- Vicepresidencia: Concello das Neves
- Secretaría: Asociación de Mulleres Rurais San Pedro de Crecente
- Tesourería: ASCULCA
- Vogalías:
- Concello de Salvaterra de Miño
- Concello de Crecente
- Concello de Salceda de Caselas
- Concello da Cañiza
- Concello de Arbo
- Concello de Ponteareas
- Concello de Mondariz
- Concello de Mondariz Balneario
- Banda de Música Xuvenil de Xinzo
- EFA A Cancela
- ASAGA
- CMVMC de Maceira
- CMVMC de Taboexa
- CMVMC de Rubiós
- GESDOGAL
- PANCONPAN
- Asociación 3 de xullo todas as persoas somos vítimas
Equipo técnico
É o encargado da xestión diaria dos proxectos nos que o GDR participa.
ESTATUTOS DA ASOCIACIÓN
TERRITORIO DE ACTUACIÓN
Engloba ós concellos de ARBO, A CAÑIZA, COVELO, CRECENTE, AS NEVES, MONDARIZ, MONDARIZ BALNEARIO, PONTEAREAS, SALCEDA DE CASELAS e SALVATERRA DE MIÑO.
- Cooperación: elemento transversal nas nosas actuacións. Cremos no traballo conxunto para acadar os obxectivos comúns.
- Innovación: Creatividade na procura de solucións e iniciativas que dinamicen a vida rural desde unha perspectiva novidosa e actual.
- Compromiso e implicación: Co desenvolvemento do territorio e a veciñanza.
- Proactividade: Acción dinamizadora.
OBXECTIVOS PERSEGUIDOS
- Constituír foro de debate
- Sensibilizar e optimizar o aproveitamento dos recursos endóxenos
- Ser centro receptor e distribuidor da información do desenvolvemento socioeconómico
- Formular a estratexia adecuada para lograr o desenvolvemento da zona
- Articular dinámicas de participación
Para conseguir estes obxectivos utilízanse actividades e actuacións como:
- Iniciativas dirixidas a fixar a poboación
- Organizar e promover actividades socioculturais
- Promover intercambio de experiencias
- Levar a cabo campañas de difusión da comarca
- Implicarse na xestión de programas de desenvolvemento para a comarca
- Promover actuacións e proxectos para o desenvolvemento do territorio
- Calquera outra actividade de interese
