Acción enmarcada dentro do Plan de Sustentabilidade Turística en Destino Condado Paradanta Destino Enogastronómico no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Union Europea – Next Generation EU
O GDR Terra e Auga abre o procedemento de licitación para a contratación dos servizos de formación, asesoría e asistencia técnica dirixidos ás empresas adheridas ao Sistema Integral de Calidade Turística en Destino (SICTED) no xeodestino Condado Paradanta. Esta actuación enmárcase no Plan de Sustentabilidade Turística en Destino “Condado Paradanta Destino Enogastronómico”, financiado pola Unión Europea a través dos fondos Next Generation EU, dentro do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.
Obxectivo da contratación
A finalidade principal é a execución de tarefas para as que o GDR non dispón de persoal técnico especializado.
En concreto:
Impartir formación especializada ao sector turístico local segundo o plan formativo do SICTED.
Asesorar individual e colectivamente ás empresas adheridas para o cumprimento dos requisitos do sistema.
Apoiar ao xestor SICTED no desenvolvemento das súas funcións.
Supervisar a implantación de plans de mellora nas empresas participantes.
Coordinar e facilitar os procesos de avaliación esixidos polo sistema de calidade.
Promover a mellora continua dos servizos turísticos, atendendo aos principios de sustentabilidade, accesibilidade, dixitalización e calidade.
Prazo e orzamento
Data límite para presentar ofertas: 9 de xullo de 2025.
Valor estimado do contrato (IVE excluído): 24.793,39 €.
Orzamento base de licitación: 30.000 €, dos cales 24.793,39 € corresponden ao valor estimado e 5.206,61 € ao IVE.
Tipo de contrato e procedemento
Este contrato considérase un contrato administrativo de servizos, conforme aos artigos 15 e 25 da Lei 9/2017, de contratos do sector público (LCSP).
A adxudicación realizarase mediante procedemento aberto e tramitación urxente, segundo os artigos 156 e 119 da LCSP. Utilizarase unha pluralidade de criterios de valoración recollidos nos pregos. O procedemento aberto xustifícase pola contía e por ser o procedemento ordinario máis adecuado, conforme ao artigo 116.4.a) da LCSP, non concorrendo as circunstancias que aconsellen un procedemento restrinxido ou alternativo (art. 131 LCSP).
Financiamento
Esta actuación está financiada no marco do Plan de Sustentabilidade Turística en Destino “Condado Paradanta Destino Enogastronómico”, aprobado pola Resolución da Secretaría de Estado de Turismo do 29 de marzo de 2023, en desenvolvemento do Acordo da Conferencia Sectorial de Turismo do 14 de decembro de 2022. A través desta resolución, distribúense os créditos destinados ao financiamento de investimentos por parte de entidades locais no marco do Compoñente 14 – Investimento 1 do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.
A Secretaría de Estado de Turismo concedeu á Asociación de Desenvolvemento Rural Condado Paradanta – Terra e Auga unha subvención por importe de 1.500.000 € para a execución deste plan.