Acción enmarcada dentro do Plan de Sustentabilidade Turística en Destino Condado Paradanta Destino Enogastronómico no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Union Europea – Next Generation EU
O GDR Terra e Auga licita a contratación do servizo do deseño e elaboración de contidos gráficos e subministración da sinalización dun roteiro enogastronómica dentro do Plan de Sustentabilidade Turística en Destino Condado Paradanta Destino Enogastronómico no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Union Europea – Next Generation EU. Do mesmo xeito, tamén licita a contratación das Obras para a habilitación dun roteiro enogastronómica en Salceda de Caselas.
O prazo para presentas as solicitudes remata 23 de febreiro 2026.
Licitación de servizos de deseño gráfico e sinalización
Tipo de contrato:
- Contrato administrativo mixto (principalmente servizos, accesorio subministro de bens).
- Procedemento aberto, tramitación urxente.
Obxecto:
- Deseño e elaboración de contidos gráficos.
- Subministro e instalación de sinalización interpretativa e direccional da ruta.
- Creación dunha identidade visual e materiais coherentes coa narrativa turística.
Necesidades a satisfacer:
- Mellorar a accesibilidade, orientación e experiencia do visitante.
- Reforzar a competitividade e calidade turística.
- Contribuír aos obxectivos de sustentabilidade e eficiencia enerxética.
Valor estimado:
42.066,94 € (IVE exclusive)
50.900,99 € (IVE inclusive)
Solvencia requirida:
- Económica: volume de negocio anual mínimo do 70 % do valor do contrato nos últimos tres anos.
- Técnica: realización de polo menos 3 proxectos similares nos últimos 3 anos.
Criterios de adxudicación:
- Técnicos (49 puntos): metodoloxía, cronograma, equipo de traballo.
- Económicos (51 puntos): oferta económica, compromiso de desenvolver unha páxina web vinculada ao roteiro (20 puntos), redución de prazos (ata 10 puntos).
Prazo de execución:
- 30 de abril 2026
Indivisible:
A coordinación entre deseño gráfico e sinalización impide a división en lotes
Licitación de obras para habilitación da ruta
Tipo de contrato:
- Contrato administrativo de obras.
- Procedemento aberto, tramitación urxente.
Obxecto:
- Execución das obras e acondicionamento de camiños e espazos públicos da ruta.
- Instalación de sinalización interpretativa e materiais asociados.
Necesidades a satisfacer:
- Garantir calidade técnica e estética das obras e sinalización.
- Cumprir obxectivos de accesibilidade e sustentabilidade.
- Suprir a falta de medios técnicos e persoal especializado do GDR.
Valor estimado:
76.899,97 € (IVE excluído)
93.048,96 € (IVE incluído)
Solvencia requirida:
- Económica: volume de negocio anual equivalente ao importe medio anual do contrato.
- Técnica: relación de obras similares executadas nos últimos 5 anos, con importe acumulado ≥70 % do valor do contrato.
- Seguro de riscos profesionais: mínimo 300.000 €.
Criterios de adxudicación:
- Técnicos (40 puntos): posta en obra e provisión de materiais, organización da obra, medios materiais, melloras ambientais.
- Automáticos (60 puntos): oferta económica, ampliación do prazo de garantía, redución de prazos de execución.
Prazo de execución:
- 30 de abril 2026
Indivisible:
- A coordinación entre pavimentación, sinalización e instalacións require un único contrato integral.
Financiamento común
100 % financiadas con fondos europeos do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia (Next Generation EU), a través da Axencia de Turismo de Galicia. Imputadas ao Eixe 2: Mellora da eficiencia enerxética – Ruta Enogastronómica en Salceda de Caselas.
Ambos contratos serán adxudicados mediante procedemento aberto e tramitación urxente, son indivisibles, e se avaliarán baixo criterios de calidade-técnica e prezo, con financiamento europeo completo.
