Neste momento estás a ver PSTD: Licitación para “Reverdecendo” – Acondicionamento e sinalización dunha ruta nas Neves

PSTD: Licitación para “Reverdecendo” – Acondicionamento e sinalización dunha ruta nas Neves

Acción enmarcada dentro do Plan de Sustentabilidade Turística en Destino Condado Paradanta Destino Enogastronómico no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Union Europea – Next Generation EU

Licitación da actuación “Reverdecendo” – Acondicionamento e sinalización dunha ruta nas Neves

Tipo de contrato:

  • Contrato administrativo de obras.
  • Procedemento aberto simplificado abreviado.
  • Tramitación urxente.

Obxecto:

  • Execución das obras de acondicionamento e sinalización dunha ruta no Concello das Neves.
  • Actuación integrada no proxecto “Reverdecendo” do PSTD Condado Paradanta Destino Enogastronómico.
  • Financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU no marco do PRTR.

Actuacións principais:

  • Instalación de sinalización direccional e informativa.
  • Mellora da accesibilidade e seguimento da ruta.
  • Limpeza e acondicionamento dos distintos tramos do percorrido.
  • Traballos manuais e mecánicos para garantir a transitabilidade.
  • Actuacións de seguridade e conservación do roteiro.
  • Pavimentación e mellora de camiños peonís.

Códigos CPV:

  • 45233160 – Camiños e outras superficies empedradas.
  • 45233161 – Traballos de construción de camiños peonís.
  • 45233523 – Traballos de pavimentación de camiños peonís.

Necesidades a satisfacer:

  • Mellora da accesibilidade e seguridade da ruta.
  • Valorización turística dos recursos naturais e patrimoniais.
  • Impulso do turismo sostible no territorio Condado Paradanta.
  • Conservación e acondicionamento do percorrido turístico.
  • Dinamización económica e turística do municipio das Neves.
  • Mellora da experiencia dos visitantes e usuarios da ruta.

Insuficiencia de medios:

  • A entidade non dispón de medios materiais, técnicos nin persoal especializado suficientes.
  • A execución require maquinaria e medios auxiliares específicos.
  • Necesidade de persoal cualificado para obras de acondicionamento e sinalización.
  • A contratación externa resulta imprescindible para garantir a correcta execución das actuacións.

Valor estimado:

  • 52.806,23 € (IVE excluído).
  • 63.895,53 € (IVE incluído).

Solvencia requirida:

Económica e financeira:

  • Volume anual de negocio ≥ importe medio anual do contrato nos 3 últimos exercicios.
  • Seguro de responsabilidade profesional mínimo: 300.000 € (ou compromiso de subscrición).

Técnica:

  • Relación de obras similares executadas nos últimos 5 anos.
  • Importe anual máximo executado ≥ 70 % do valor do contrato.
  • Acreditación mediante certificados de boa execución ou documentación equivalente.
  • Empresas de nova creación: acreditación de maquinaria, medios materiais e equipo técnico dispoñible.

Criterios de adxudicación (ata 60 puntos):

  • Oferta económica: ata 40 puntos.
  • Ampliación do prazo de garantía: ata 10 puntos.
  • Redución do prazo de execución: ata 10 puntos.

Criterios de redución de prazo:

  • Redución ≥ 15 días: 10 puntos.
  • Redución entre 10 e 15 días: 5 puntos.
  • Redución entre 2 e 10 días: 2 puntos.
  • Sen redución ou redución dun día: 0 puntos.

Prazo de execución:

  • O 30 de xuño de 2026

 Financiamento

Financiado ao 100 % polo Mecanismo de Recuperación e Resiliencia (MRR) – NextGenerationEU. Compoñente 14, Investimento 1 do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR).  Integrado no Plan de Sustentabilidade Turística en Destino “Condado Paradanta Destino Enogastronómico”. Actuación 4 do Eixe 2: “REVERDECENDO”. Fondos transferidos pola Axencia Turismo de Galicia á Asociación de Desenvolvemento Rural Condado Paradanta – Terra e Auga.