Acción enmarcada dentro do Plan de Sustentabilidade Turística en Destino Condado Paradanta Destino Enogastronómico no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Union Europea – Next Generation EU
O GDR Terra e Auga licita a contratación dunha plataforma e observatorio turístico e de Sustentabilidade no Xeodestino Condado Paradanta dentro do Plan de Sustentabilidade Turística en Destino Condado Paradanta Destino Enogastronómico no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Union Europea – Next Generation EU
O prazo para presentas as solicitudes remata 11 de decembro 2025.
Constitúe o obxecto do contrato a creación dunha plataforma e observatorio turístico e de sustentabilidade no xeodestino Condado Paradanta dentro do Plan de Sustentabilidade Turística en Destino (PSTD) “Condado Paradanta Destino Enogastronómico” desenvolvido polo propio GDR Terra e Auga.
O obxectivo principal desta contratación é o cumprimento das seguintes tarefas para as que o GDR Terra e Auga non conta con persoal técnico cualificado especializado:
Dixitalización integral do destino turístico: Desenvolvemento e implantación dunha Plataforma Dixital Turística moderna, interoperable, escalable e plenamente integrada, que centralice a xestión, difusión e análise da información turística do territorio.
Deseño e implementación do Portal Web do Destino: Creación dun sitio web multilingüe, accesible e adaptado a dispositivos móbiles, que actúe como canle principal de consulta, promoción e visualización dos recursos turísticos, conectado con ferramentas de señalética dixital e geolocalización.
Implantación dun sistema de xestión de contidos (CMS): Provisión dunha solución tecnolóxica robusta para a creación, edición, administración e publicación multicanle de contidos turísticos, que permita ao GDR manter unha xestión autónoma, eficiente e segura.
Posta en marcha dun Observatorio Turístico e de Sustentabilidade: Desenvolvemento dunha ferramenta dixital de intelixencia turística que permita recompilar, analizar e difundir indicadores clave sobre o comportamento da demanda, a sustentabilidade do destino e o impacto económico e social da actividade turística.
Xeración de contidos audiovisuais inclusivos e accesibles: Produción de materiais orixinais, multiformato e multilingües (videoguías, audioguías, RA/RV etc.)/ etc.) orientados á promoción e valorización do patrimonio cultural, natural e etnográfico do territorio, cumprindo con criterios de accesibilidade, igualdade e diversidade.
Constitución dun Club de Produto Turístico dixital: Creación dun espazo estruturado e xestionado desde o CMS que integre aos axentes turísticos locais (empresas, servizos, artesáns etc.)/ etc.) facilitando a súa visibilidade, ordenación e participación na promoción do destino.
O contrato ten o valor estimado do contrato ascende a douscentos un mil seiscentos cincuenta e dous euros con oitenta e nove céntimos (201.652,89 €), IVE excluído.
Pola súa banda, o orzamento base de licitación ascende á cantidade total de douscentos corenta e catro mil euros (244.000,00 €), que resulta da suma do importe base, que ascende a douscentos un mil seiscentos cincuenta e dous euros con oitenta e nove céntimos (201.652,89 €), máis o importe correspondente ao Imposto sobre o Valor Engadido (IVE), que é de corenta e dous mil trescentos corenta e sete euros con once céntimos (42.347,11 €).
O contrato teñen a cualificación de contrato administrativo de servizos, consonte o artigo 17 da Lei 9/2017 do 8 de novembro de Contratos do Sector Público.
A adxudicación do contrato realizarase mediante procedemento aberto, consonte o establecido no artigo 156 da LCSP, e tramitación urxente, conforme ao artigo 119 da LCSP
A presente actuación está financiada no contesto do Plan de Sustentabilidade Turística en destino Condado Paradanta Destino Enogastronómico, aprobado pola Resolución do 29 de marzo de 2023, da Secretaría de Estado de Turismo, pola que se acorda a distribución dos créditos ás comunidades autónomas, e formalízanse os compromisos financeiros derivados do Acordo de Conferencia Sectorial de Turismo do 14 de decembro de 2022, polo que se fixan os criterios de distribución, así como a repartición resultante para as comunidades autónomas do crédito destinado ao financiamento de actuacións de investimento por parte de entidades locais no marco do Compoñente 14 Investimento 1 do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. A Secretaría de Estado de Turismo concedeulle a Asociación de Desenvolvemento Rural Condado Paradanta – Terra e Auga unha subvención por importe de 1.500.000,00 € para execución do Plan.
O gasto correspondente ao contrato impútase ás actuacións:
Actuación 2 del Eje 3. Transición Digital: Observatorio Turístico (80.000 euros)
Actuación 3 del Eje 3. Transición Digital: Condado Paradanta Enogastrónomico Digital (50.000 euros)
Actuación 3 del Eje 4. Competitividad: Estancia Enogastronómica en Balneario Mondáriz (114.000 euros)
A totalidade das súas obrigacións económicas abonaranse con cargo aos fondos transferidos ao GDR pola Axencia de Turismo de Galicia para a execución das actuacións contempladas no Plan de Sustentabilidade Turística en Destino, incluído no Acordo de Conferencia Sectorial de Turismo do 14 de decembro de 2022 no marco do compoñente 14 investimento 1 do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.
