Neste momento estás a ver PSTD: Licitación para a execución da actuación “Plan de recuperación da paisaxe afectado polos incendios” en A Freixa, Ponteareas

PSTD: Licitación para a execución da actuación “Plan de recuperación da paisaxe afectado polos incendios” en A Freixa, Ponteareas

Acción enmarcada dentro do Plan de Sustentabilidade Turística en Destino Condado Paradanta Destino Enogastronómico no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Union Europea – Next Generation EU

O GDR Terra e Auga licita a contratación da “Execución da actuación “Plan de recuperación da paisaxe afectada polos incendios” na Freixa, Ponteareas, vinculadas ao plan de sustentabilidade en destino “Condado Paradanta Destino Enogastrónomico” no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea – Next Generation EU.

O prazo para presentas as solicitudes remata 25 de agosto 2025.

O obxecto do contrato ao que se refire o presente prego é as obras descritas e definidas no prego de prescricións téncicas, que recolle o proxecto redactado por Pedro Calaza Martínez, Dr. Arquitecto da Paisaxe e Dr. Enxeñeiro Agrónomo e Camilo Blanco Pampín, Arquirtecto e aprobado pola Administración. Este proxecto reflicte as necesidades administrativas a satisfacer mediante o contrato e os factores de todo orde a ter en conta. Devandito proxecto consta de cuantos documentos son esixidos no arítuclo 233 da LCSP contemplándose na súa elaboración o precpetuado no Libro II, Título I, Capítulo II, Sección 2ª do RGLCAP.

A efectos do disposto no artigo 99.3 da LCSP faise constar que non é conveniente dividir en lotes o obxecto do contrato, segundo os criterios racionais de execución porque, debido á natureza do obxecto do mesmo e ás características das obras e instalacións proxectadas, a división en lotes precisa unha coordinación da execución das diversas actuacións parciais, xa que se trata dunha única solicitude de axudas e unha obra nunha única localización.

O valor estimado do contrato ascende sesenta e sete mil cincocentos noventa e dous euros (67.592,00 €), IVE excluído.

Pola súa banda, o orzamento base de licitación ascende á cantidade total de oitenta e un mil setecentos oitenta e seis euros con trinta e dous céntimos (81.786,32 €)que resultan da suma do importe base, que ascende a sesenta e sete mil cincocentos noventa e dous euros (67.592,00 € ) máis o importe correspondente ao Imposto sobre o Valor Engadido (IVE), que é catorce mil cento noventa e catro euros con trinta e dous céntimos (14.194,32 €)

Este contrato ten a cualificación de contrato administrativo de obras de acordo con o artigo 13 da Lei 9/2017 do 8 de novembro de Contratos do Sector Pública.

A adxudicación do contrato realizarase mediante procedemento aberto, de acordo con o establecido no artigo 156 da LCSP, e tramitación urxente, conforme ao artigo 119 da LCSP, utilizándose para a súa adxudicación unha pluralidade de criterios de adxudicación nos terminos establecidos no Prego.

A presente actuación está financiada no contesto do Plan de Sustentabilidade Turística en destino Condado Paradanta Destino Enogastronómico, aprobado pola Resolución do 29 de marzo de 2023, da Secretaría de Estado de Turismo, pola que se acorda a distribución dos créditos ás comunidades autónomas, e formalízanse os compromisos financeiros derivados do Acordo de Conferencia Sectorial de Turismo do 14 de decembro de 2022, polo que se fixan os criterios de distribución, así como a repartición resultante para as comunidades autónomas do crédito destinado ao financiamento de actuacións de investimento por parte de entidades locais no marco do Compoñente 14 Investimento 1 do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia

A Secretaría de Estado de Turismo concedeulle a Asociación de Desenvolvemento Rural Condado Paradanta – Terra e Auga unha subvención por importe de 1.500.000,00 € para execución do Plan.

O gasto correspondente ao contrato impútase á actuación denominada “Plan de Recuperación da paisaxe Afectada polos Incendios” do Eixo 1. Transición verde e Sostible e a totalidade das súas obrigacións económicas abonaranse con cargo aos fondos transferidos ao GDR pola Axencia de Turismo de Galicia para a execución das actuacións contempladas no Plan de Sustentabilidade Turística en Destino, incluído no Acordo de Conferencia Sectorial de Turismo do 14 de decembro de 2022 no marco do compoñente 14 investimento 1 do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.