O proxecto MIXTURANDO: Desenvolvemento de novas estratexias de valorización do bosque mixto atlántico en espazos protexidos de Galicia e Asturias, busca promover unha xestión forestal sostible en zonas de alto valor ecolóxico. Co respaldo da Fundación Biodiversidad e a financiación dos fondos europeos Next Generation EU, este proxecto segue os obxectivos do Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia para España, enfocado, entre outros temas, na transición ecolóxica.
Contratación
Ábrese un proceso de contratación dunha empresa que se encargue dos servizos de consultoría para a xestión técnica e económica dos catro socios que conforman MIXTURANDO: GDR Limia-Arnoia, GDR Condado Paradanta – Terra e Auga, GDR Camín Real de la Mesa e a Universidade de Santiago de Compostela.
Funcións a realizar
As funcións da consultoría serían as seguintes:
- Coordinación e asesoría: supervisión e xestión do proxecto, incluíndo a asistencia técnica en execución de actividades.
- Xestión de beneficiarios: coordinación entre entidades beneficiarias.
- Comunicación: difusión do proxecto asegurando a súa visibilidade.
- Documentación: elaboración de informes e memorias xustificativas do proxecto.
- Sistematización de datos: organización e estruturación da información xerada.
- Cumprimento normativo.
- Avaliación de contratacións: asesoría na avaliación de ofertas para contratacións necesarias.
- Tarefas adicionais: asignadas por beneficiarios, especialmente derivadas de normativas da Fundación Biodiversidad e MITECO.
Tamén, en canto ás prestacións da consultoría, habería que realizar os seguintes traballos en relación a:
- Execución do proxecto
- Seguimento e avaliación.
- Organización da información.
- Control orzamentario.
- Asesoría en contratación.
- Cumprimento normativo e anticorrupción.
- Xustificación técnica e económica
- Apoio na xustificación.
- Xestión de plataformas.
- Control interno.
- Autoavaliación.
- Coordinación do proxecto
- Reunións de coordinación.
- Asistencia técnica.
- Difusión e comunicación
- Publicidade e axudas.
- Produción de materiais.
- Participación e interese
- Outras prestacións
- Informes periódicos.
- Entregables.
- Compromisos éticos e ambientais.
Medios persoais e equipo de traballo
O equipo de traballo deberá estar formado, como mínimo, polos seguintes perfís profesionais:
- Xefe/a do proxecto: titulación universitaria relevante, formación en xestión de subvencións e contratación pública, cun mínimo de 5 anos de experiencia en xestión de proxectos financiados con Fondos Europeos. Será o responsable da xestión e coordinación xeral do proxecto. Esta persoa será a única interlocutora coas entidades beneficiarias do proxecto.
- Técnico/a Consultor/a en Medio Ambiente: titulación en medio ambiente e mínimo 5 anos de experiencia en proxectos medioambientais. Será a persoa encargada de asegurar do principio “Do No Significant Harm” e supervisar as etiquetas climáticas.
- Técnico/a en Comunicación: titulación en xornalismo ou ciencias da comunicación e 5 anos de experiencia en comunicación de proxectos europeos. Será o responsable de comunicación e difusión do proxecto, cumprindo cos requisitos de transparencia e difusión dos fondos.
Baremación
Os criterios de adxudicación baseados no principio de mellor relación calidade-prezo son:
- Criterios avaliables por xuízo de valor. Ata 49 puntos.
- Coñecemento e análise da normativa da aplicación. Ata 5 puntos.
- Descrición da metodoloxía, alcance e contido dos traballos a desenvolver no marco das labores da consultoría, con especial atención á claridade, grao de detalle e a inclusión dun cronograma detallado. Ata 15 puntos.
- Grao de detalle na proposta para a coordinación das entidades participantes no proxecto e das súas actuacións. Ata 5 puntos.
- Organización dos recursos materiais e humanos propostos para o seu desenvolvemento. Ata 19 puntos.
- Detalle, orixinalidade e innovación do plan de difusión e comunicación do proxecto proposto. Ata 5 puntos.
- Criterios avaliables mediante fórmula autonomática. Ata 51 puntos.
- Oferta económica. Ata 45 puntos.
- Políticas empresariais en favor da igualdade e conciliación da vida persoal, familiar e laboral. Ata 6 puntos.
Datas e orzamento da licitación
A duración do contrato será dende a súa data de formalización (15/12/2024) e ata a correcta xustificación das actuacións contempladas no proxecto, que deben xustificarse antes do 28 de febreiro de 2026, dous meses despois do 31 de decembro de 2025, data na que debe finalizar o proxecto.
O orzamento asignado é de 125.235,00 €, con IVE, provinte de fondos europeos como apoio a proxectos transformadores para a promoción da bioeconomía ligada ao ámbito forestal e á contribución á transición ecolóxica.
Documentación a presentar
Presentarase unha memoria técnica con extensión máxima de 40 páxinas, cuns requisitos técnicos que se poden consultar nas bases legais, e que debe constar da seguinte estrutura:
- Normativa de aplicación e metodoloxía para o cumprimento das obrigas derivadas do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia.
- Metodoloxía dos traballos a desenvolver no marco das labores de consultoría.
- Coordinación das entidades participantes no proxecto e as súas actuacións.
- Organización dos recursos materiais e humanos propósitos para o seu desenvolvemento.
- Plan de difusión e comunicación do proxecto.
Pódense consultar todos os detalles da licitación na plataforma de contratación. Tedes que facer clic en “licitacións”.
Plataforma de contratación