Neste momento estás a ver O PRAZO DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDE DE AXUDAS LEADER ENTRA NA SÚA RECTA FINAL

O PRAZO DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDE DE AXUDAS LEADER ENTRA NA SÚA RECTA FINAL

As persoas físicas, empresas e entidades públicas ou privadas cun proxecto en mente poderán beneficiarse destas axudas cuxo prazo de presentación de solicitudes remata o 30 de maio.

O GDR Terra e Auga lembra que o ainda está aberto o prazo para presentar solicitude de axudas para proxectos, produtivos e non produtivos, a través do Leader. A documentación terá que que ser presentada antes do 30 de maio, día no que remata o prazo de presentación a través do procedemento MR701L da sede electrónica da Xunta de Galicia.

Estas axudas, por concurrencia competitiva, están dirixidas a persoas físicas, empresas e entidades públicas ou privadas sen ánimo de lucro que teñan un proxecto en mente para levar a cabo no territorio de actuación do GDR Terra e Auga: Arbo, A Cañiza, Covelo, Crecente, Mondariz, Mondariz Balneario, As Neves, Ponteareas, Salceda de Caselas e Salvaterra de Miño.

As axudas poden chegar ata o 50% da inversión para os proxectos xeradores de actividade económica, cun límite de 75.000 € de axuda, e ata o 90 % para os proxectos presentados por entidades sen ánimo de lucro, cun límite de 35.000 € de axuda.

Dende o GDR animan á veciñanza a informarse e presentar candidaturas de xeito que se comprometan todos os fondos da convocatoria e xurdan no territorio novas iniciativas que contribúan ao desenvolvemento do rural.