Neste momento estás a ver VALORACIÓN TURÍSTICA E MELLORA DA ACCESIBILIDADE DOS PETRÓGLIFOS “A COUTADA” NA PARROQUIA DE TABOEXA, CONCELLO DE AS NEVES

VALORACIÓN TURÍSTICA E MELLORA DA ACCESIBILIDADE DOS PETRÓGLIFOS “A COUTADA” NA PARROQUIA DE TABOEXA, CONCELLO DE AS NEVES

O concello das Neves, coa posta en marcha deste novo proxecto, pretende valorizar e rehabilitar os petróglifos “A Coutada” na parroquia de Taboexa, co fin de convertilos nun novo reclamo turístico para a comarca Condado Paradanta.

Levaranse a cabo traballos para a mellora da accesibilidade aos mesmos, limpeza do entorno, así como a instalación de sinalizacións e paneis informativos. Paralelamente realizarase un proceso divulgativo e tamén formativo para os veciños a través do uso das novas tecnoloxías para a posterior dinamización.