Ca posta en marcha deste proxecto rehabilitouse o antigo edificio do sindicato agrícola para o seu uso como centro social/cultural da parroquia de Arbo. Trátase dun edificio emblemático, que foi sede do sindicato agrícola e despois reutilizado como cámara agraria.
A titularidade do edificio é da CMVMC de Arbo e pretende realizar asembleas, xuntanzas da xunta reitora, actividades culturais… É un edificio que está aberto ao público en xeral.