Ecocelta Galicia, S.L. é unha empresa constituída no ano 2003 que ten por obxecto a actividade agrícola e comercial en xeral e en especial a lombricultura, a venda de insumos e asesoramento para a lombricultura, a educación e equipamento ambiental e o asesoramento en Xestión Biolóxica de residuos orgánicos.
Coa posta en marcha deste proxecto a empresa formula unha solución á necesidade existente no mercado de atopar alternativas á turba. Proponse o compostaxe de restos vexetais procedentes de rozas forestais como alternativa para a valorización dos mesmos. Como resultados obteríase unha nova liña de produción da empresa para a elaboración do primeiro compost vexetal fabricado en Galicia.
O proceso de elaboración inclúe un cribado para o cal é preciso a adquisición dun trómel, motivo este da solicitude de axuda