Neste momento estás a ver MEMORIA VALORADA PARA O PARQUE INFANTIL E BIOSAUDABLE EN GULÁNS

MEMORIA VALORADA PARA O PARQUE INFANTIL E BIOSAUDABLE EN GULÁNS

Con esta iniciativa mellorouse o servizo á poboación infantil e á de persoas maiores, da parroquia de Guláns coa posta en marcha dun parque infantil e biosaudable. Creouse un parque infantil, con 5 elementos, e un biosaudable, coa instalación de 4 elementos.

A poboación infantil desa parroquia é unha das mais altas do concello de Ponteareas, ademais conta con un C.E.I.P. con mais de 100 alumnos que, a miúdo, desprázanse ata o centro cultural, situado a 500 metros, para realzar diferentes actividades lúdicas, deportivas ou culturais. Do mesmo xeito e debido as súas infraestruturas este centro cultural está moi concorrido durante os fins de semana sendo punto de celebración de cumpreanos e bautizos, co cal a presenza de nenos e continuada.