A través deste proxecto pretendeuse actualizar e modernizar as instalacións e a mostra permanente do Centro de referencia turística e de interpretación da cultura propia do territorio de Arbo e a súa historia.
Tras anos de servizo, a exposición sufriu unha actualización museística, traducíndoa a diferentes idiomas. Abriuse a novos públicos, acadouse un maior grao de interactividade, implementouse o uso das TIC, actualizáronse contidos audiovisuais e soportes multimedia que xa estaban obsoletos.