Neste momento estás a ver Instalación de pádel en Vilasobroso (Mondariz)

Instalación de pádel en Vilasobroso (Mondariz)

Restaurante O Castelo Vilasobroso S.L., é unha empresa que iniciou a súa actividade en febreiro de 2020. O seu obxecto social é o da restauración. 

Co proxecto motivo de solicitude poñen en marcha unha nova actividade, unhas instalacións de pádel. Concretamente supón a construción dunha edificación que albergará catro pistas de pádel, vestiarios, un espazo de terraza/comedor e tenda de produtos deportivos.

Esta iniciativa ten carácter innovador ao ser a primeira instalación deportiva de pádel no concello de Mondariz.