Temos ante nos un hostal de tres estrelas na parroquia de Cumiar, concello de Ponteareas.
O hostal consta de catro habitacións dobres das cales dúas están adaptadas para persoas con mobilidade reducida. Cada habitación, coa denominación dun persoeiro da nosa cultura, terá asociado un xardín (tamén cun nome propio relacionado co
anterior) que ocupará unha superficie duns 50 metros cadrados acondicionados estética e funcionalmente (bancos, fonte …) para un lecer
reparador en plena natureza.
Con este proxecto búscase ofrecer un servizo de “hostal tres estrelas” de calidade, establecendo unha diferencia en relación á competencia.