Posta en valor dos monumentos funerarios neolíticos situados no entorno das aldeas que forman parte das comunidades de montes veciñais en man común de A Lamosa e de Parada de Achas, nos concellos de Covelo e A Cañiza.
É unha actuación innovadora na comarca de Paradanta, coa finalidade de poñer en valor o seu patrimonio megalítico e favorecer o desenvolvemento rural dunha comarca tradicionamente agraria.
O proxecto pretende fomentar o valor educativo e científico do monte, contribuíndo a unha xestión máis sustentable do territorio e a unha valoración integral dos seus recursos.recuperando o patrimonio arqueolóxico de Fontefría e a Paradanta, co conxunto megalítico de Chan de Lodoso (A Lamosa), complementado coas mámoas de Parada de Achas, se lle incrementa notablemente o seu atractivo turístico, xa que se fomenta o uso dos antigos camiños e se proxecta un percorrido de gran interés cultural e natural.