Este proxecto consistiu na adquisición dun furgón para o Programa ACHEGO de Avelaíña Saúde Mental para reforzar a atención á poboación máis illada dos concellos de Ponteareas e A Cañiza.
A través do programa ACHEGO, a citada Asociación ven desenvolvendo desde o ano 2016 un programa de atención á saúde mental nas comarcas de Condado-Paradanta e Salceda
de Caselas, co obxectivo de mellorar a calidade de vida das persoas con problemas de saúde mental, dando por primeira vez unha resposta innovadora á necesidade de atención especializada en saúde mental no rural.
Con este vehículo permitirase que o equipo de atención domiciliaria traballe de forma itinerante nas comarcas, desprazándose aos propios domicilios dos usuarios cunha maior flexibilidade, aportando un soporte emocional e funcional de proximidade tanto para os afectados como as súas familias e coidadores.