Ca posta en marcha desta nova actividade nace un novo aloxamento rural na comarca.
O número de prazas de aloxamento que se xeraron foi de 8, e para este proxecto realizáronse obras de rehabilitación na vivenda, así como investimentos en maquinaria, mobiliario, electrodomésticos e equipamento.
Tamén se acometeron obras na piscina, xa existente, para a súa transformación en piscina de auga salgada, e así mellorar a eficiencia enerxética e consumo de auga.