Como parte da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativa (EDLP) elaborada polo Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) do Condado Paradanta, en colaboración coa veciñanza, a entidade deseñou unha serie de actuacións coas que por en valor o patrimonio material e inmaterial do territorio, durante o período 2023-2027.
Unha das primeiras iniciativas que se levará a cabo este ano, enmárcase na conmemoración dos
150 anos da declaración de utilidade pública das augas de Mondariz. Un nomeamento, que supuxo, segundo o representante do GDR Condado Paradanta, Juan Pablo Castillo “un antes de un despois para o desenvolvemento territorial, xa que o dinamismo económico e social xurdido ao amparo das augas, situaron ao territorio como un destacado centro de ocio e saúde, xerador de emprego local”
Actuacións
Unha das accións organizadas polo GDR é un ciclo de visitas guiadas polas obras arquitectónicas máis emblemáticas do territorio do Condado Paradanta. A primeira delas tivo lugar 9 de xullo en Mondariz Balneario na que, en colaboración coa asociación cultural Burbida e o Concello de Mondariz, o arquitecto, Álvaro Bonet repasou a obra de Palacios no municipio. Na xornada participaron preto de cincuenta persoas que puideron coñecer a historia da localidade, a través dos seus edificios.
As visitas guiadas continuarán durante o mes de setembro por diferentes puntos patrimoniais da zona e finalizarán en outubro coa participación no Encontro da Asociación de Cidades Termais Históricas Europeas.
Día Europeo del Patrimonio Termal 2023
Do 11 ao 13 de outubro Mondariz Balneario acollerá ás xornadas internacionais con motivo do Día Europeo do Patrimonio Termal 2023, organizado pola Asociación Vilas Termais Europeas e e coa que colabora o Concello de Mondariz Balneario e GDR.
Durante tres dias, numerosos expertos centrarase no tema “Paisaxes terapéuticas” e tomarán como referencia para o encontro, a evolución da vila de Mondariz Balneario e a súa importancia para o crecemento da zona e o termalismo nacional.
En coherencia coa EDLP que, entre outras metas, procurará revalorizar o patrimonio territorial, a programación do encontro internacional incluirá visitas a diferentes puntos do Condado Paradanta, como adegas, museos e espazos naturais. Ademais, os participantes poderán gozar dunha experiencia inmersiva nos xardíns do Gran Hotel, onde se recreará o ambiente de “La Belle Époque”, os anos de maior esplendor da vila balnearia.