Neste momento estás a ver II PREMIOS AO DINAMIZADOR RURAL GDR CONDADO PARADANTA

II PREMIOS AO DINAMIZADOR RURAL GDR CONDADO PARADANTA

NOVO PRAZO PARA ENVIAR CANDIDATURAS: 9 DE OUTUBRO

Tras o éxito da edición do 2019, o GDR Condado Paradanta pon en marcha os II PREMIOS AO DINAMIZADOR RURAL GDR CONDADO PARADANTA.

Nesta ocasión o que o GDR Condado Paradanta pretende co desenvolvemento destes premios que rematarán nunha gala final, é recoñecer o esforzo que as distintas entidades privadas e/ou as persoas físicas fan, de maneira altruísta, co obxectivo de por en valor e/ou recuperar o diverso patrimonio que nas nosas parroquias existe.

Tes as bases e máis información a continuación. PARTICIPA!

Recoñecemento ao dinamizador rural, ben sexa persoa física ou colectivo privado, que dedica gran parte do seu esforzo de xeito altruísta  en prol da posta en valor e/ou recuperación do patrimonio cultural, etnográfico, arqueolóxico, natural, arquitectónico, musical, documental, inmaterial ou material, etc

  • Poderán presentar candidaturas aos premios GDR Condado Paradanta ao dinamizador rural as persoas físicas ou colectivos privados do territorio de actuación deste GDR, sempre que carezan de fins lucrativos.

Pero ademais…

  • Os proxectos deben localizarse nos dez concellos do Condado Paradanta e Salceda de Caselas
  • Contribuír de xeito singular á recuperación e/ou posta en valor do patrimonio do noso territorio.
  • Que os proxectos estean executados ou veñan sendo executados previamente á publicación das bases.

 

 

Os proxectos candidatos poderanse presentar enviando unha breve descrición do mesmo xunto coa documentación complementaría que se especifica nas bases antes do 9 de outubro de 2020 ao enderezo: gdr@gdrcondadoparadanta.gal

Contaremos con tres fantásticos premios en metálico para axudar a entidade ou persoa premiada a seguir co seu traballo de recuperación e posta en valor do patrimonio.

30/09/2020 FIN do prazo de presentación de solicitudes

16/10/2020 Resolución do Xurado

24/10/2020 GALA FINAL DE ENTREGA DE PREMIOS