A Cañiza, 27/07/2022: O Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Condado Paradanta renovou o luns, 26 de xullo, a súa Xunta directiva na que repiten como presidente o alcalde de Covelo, Pablo Castillo, e como vicepresidente, o alcalde de As Neves, Xosé Manuel Rodríquez. En Tesourería estará a Asociación cultural da Cañiza, Asculca, e Secretaría correrá a cargo da Asociación de mulleres rurais consumidoras de San Pedro de Crecente
A nova organización, que mantén 15 voceiros das mesas sectoriais, incorpora 6 novos representantes, 3 do sector público e outros 3 do sector privando, configurando unha Xunta Directiva de 21 membros.
Xunta directiva do GDR
- Mesa Sectorial 1 – asociación de mulleres: Asociación de mulleres rurais consumidoras de San Pedro de Crecente.
- Mesa sectorial 2 – Asociacións de mozos: Banda de música xuvenil de Xinzo.
- Mesa sectorial 3 – Acción social: Asociación 3 de xullo, todos somos vítimas.
- Mesa sectorial 4 – Asociación protección, conservación e mellora do medio ambiente: Asociación grupo de estudos do sur da dorsal galega, GESDOGAL
- Mesa sectorial 5 – Asociacións do sector agrario: Asociación agraria de Galicia, ASAGA.
- Mesa sectorial 6 – Asociación de empresarios e profesionais: Asociación dinamizadora de actividades de panadería e gastronomía do Condado Paradanta e Baixo Miño.
- Mesa sectorial 7 – Asociacións culturais, educativas e etnográficas:– EFA A Cancela, Asociación Cultural de A Cañiza, ASCULCA.
- Mesa sectorial 8 – Sector forestal: CMVMC de Maceira, CMVMC de Taboexa, CMVMC de Rubiós.
- Mesa sectorial 9 – Sector público: Concello de Arbo, Concello de As Neves, Concello de Cañiza, Concello de Covelo, Concello de Crecente, Concello de Mondariz, Concello de Mondariz Balneario, Concello de Ponteareas, Concello de Salceda, Concello de Salvaterra.