Neste momento estás a ver Formación Leader: CURSO DE RESINACIÓN DE PIÑEIROS

Formación Leader: CURSO DE RESINACIÓN DE PIÑEIROS

O GDR Terra e Auga organiza un curso de resinación de piñeiros no monte comunal de Toutón (Mondariz) entre do 20 ao 24 de outubro de 2025

O GDR Terra e Auga dentro da intervención Leader no marco da PEPAC 23 – 27, organiza un curso de resinación de piñeiros en Toutón no Concello de Mondariz e en colaboración coa CMVMC de Toutón. 

O curso “Técnicas de resinación de montes de piñeiro galego” cunha duración de 20 horas que se realizará entre o luns 20 de outubro e o venres 24 de outubro en horario de 16:00 a 20:00. 

As clases estarán divididas en 10h de contidos teóricos e 10h de contidos prácticos. Os contidos son:

  • Técnicas de repoboado, entresacas, clareos, podas, técnica de corta por huroneo e aclareo sucesivo. 
  • Desbroces e limpeza dos montes en prevención contra os incendios forestais
  • Manexo e adaptación dos montes ao cambio climático
  • Prevención de incendios forestais, seguridade e saúde nas operacións de extracción de resinas e no manexo dos equipos de extracción. 
  • Xestión previa dos montes resineros. 
  • Tipos de montes e titularidade
  • Historia da extracción resinera e técnicas de extracción. 
  • Extracción da resina dos montes e transporte
  • Tipos de estimulantes empregados na extracción
  • Comercio dos derivados das resinas  naturais

PRAZAS LIMITADAS A 15 PERSOAS ALUMNAS