Neste momento estás a ver Bárbara Álvarez, bióloga | “Se volvera nacer volvería ser científica e traballar en dar solución ao impacto dos humanos no medio ambiente”

Bárbara Álvarez, bióloga | “Se volvera nacer volvería ser científica e traballar en dar solución ao impacto dos humanos no medio ambiente”

Este domingo celébrase o Día Internacional das Mulleres e as Nenas na Ciencia, Bárbara Álvarez Besadío, científica,  apostou pola bioloxía e polo rural. Bárbara é muller bióloga, da parroquia ponteará de Cumiar e leva 9 anos innovando da man de Ecocelta

Peche os ollos, dígame o que primeiro lle pase pola cabeza. Bióloga, muller ou muller bióloga?

Bárbara:  Muller bióloga. Eu quixen selo dende pequena, xa me dicía a miña nai que sempre andaba ás voltas co de ser bióloga mariña, quedeime en bióloga. Gustábame a natureza, os animais…

Tíñao claro ou chegou ata o final de bacharalato sen saber moi ben que quería ser?

Bárbara: Houbo algún momento en segundo de bacharalato que me xurdiron dúbidas, en pleno momento de cubrir os impresos de preferencias entrei en dúbidas porque claro estudar bioloxía supuña quedar na casa e en Vigo e prefería ir fóra. Entón pareime a pensar e pregunteime: queres estudar bioloxía porque sempre se dixo que ías selo?… Non, porque sempre quixen selo.

Como sabe este domingo é tamén o seu día, por ser científica, faga balance, ¿no seu día a día o seu sector é cousa de homes?

Bárbara: Nin me percato diso, en absoluto, nin no meu día a día, nin durante os estudos, non é un ámbito no que se note. Por exemplo, un sector no que noto que  a presenza da muller é minoritaria é no transporte, aquí veñen camións todos os días e, en cambio, nunca aparece unha muller condutora.

Imaxinábase como científica cando era unha nena?

Bárbara:  Cando era pequena me imaxinaba que traballaba con delfíns (risas) pero iniciada a carreirera e conforme ían pasando os anos comecei a decatarme que non era o que máis me gustaba, que o que máis me gustaba era todo o relacionado con medioambiente, as materias sobre contaminación, impacto medioambiental, o impacto que ten o ser humano no medio ambiente. As prácticas do meu máster comeceinas aquí, en Ecocelta…

 Non conoces outra patria?

Bárbara: (risos) Estaba en terceiro para cuarto coas prácticas de verán, empecei de casualidade porque Ecocelta quedaba no traxecto do traballo da miña nai. Logo das prácticas Sergio ofreceume traballar as horas que quixera e eu quedeime cun mínimo de horas para poder compatiblizar cos estudos de fin de grao. Logo fixen o máster e traballaba a media xornada.

Resúmanos que fai a diario no seu posto de traballo?

Bárbara: Atendo varias partes moi diferentes entre si, o que máis me gusta son os proxectos de innovación, desenvolver proxectos xa en marcha, desenvolvemento de novos produtos. Logo hai unha parte de atención ao cliente para darlles recomendacións sobre fertilizantes, sustrato e dosis… Relacionado con isto está tamén a comercialización dende o apoio ao equipo externo de comunicación (web e redes sociais) porque eu teño toda a información de necesidades…

Que proxecto lle marcou máis?

Bárbara: De todos os proxectos que fixemos ata agora o que máis me gustou foi Celtacal porque puiden ver o impacto dun proxecto dende o inicio, tanto para Ecocelta como para o Medioambiente de Galicia e a Industria conserveira. Baseouse na solución  do problema das conserveiras, viñeron a pedirnos axuda e fixemos o primeiro abono de España con cunchas de mexillóns. De feito patentámolo e creouse unha nova empresa. Foi un grande proxecto de I+D que aínda hoxe está dando os seus froitos coa nova area para gatos que acabamos de lanzar hai uns meses Arenamar.

Innovación en pleno rural…

Bárbara: Unha empresa do rural e pequena pode innovar e ser un auténtico competidor para esas grandes multinacionais que fan de todo, sendo tan pequenos nós tamén podemos e así o demostramos. Agora vimos de sacar Areamar que está sendo unha revolución, area para gatos aproveitando tamén as cunchas de mexilóns.

Logo ademais estamos desenvolvendo co GDR Condado Paradanta  algo moi interesante. O noso traballo non é so elaborar biofertilizantes se non tamén crear solucións para produtos, necesidades do sector agroindustrial da contorna. A nosa filosofía é a paixón polo medio natural e por iso agora imos un paso máis aló creando, grazas ás liñas Leader, un secadoiro que permita baixar a humidade de determinados residuos que ata agora non podíamos xestionar como pode ser esterco con moito grao de humidade como o da galiña, ou restos de comedor de alimentación. Un avance no noso sistema de  produción pero tamén un servizo para a contorna.

É un traballo en rede non?

Bárbara: Si, ás veces a normativa obriga a xestionar residuos e os produtores non teñen xeito de facelo nin saben a donde mandalo. Se estás nun lugar no que non hai unha empresa como a nosa te atopas con un problema. Un exemplo  no caso do esterco e aque aquí o ganadeiro sabe que o pode xestionar e solucionarse esta situación.

Na liña da filosofía do GDR, ¿cal é a importancia do Grupo de Desenvolvemento Rural no territorio?

Bárbara: A nivel de empresa o GDR nos permite entrar en contacto con empresas de contorno como adegas da comarca ou empresas que poden ser novos proveedores que non coñecíamos, promove a relación dende nós para outras empresas e doutras empresas para nós. Tamén nos da a coñecer, divulga a actividade dos actores socio económicos e culturais do Condado Paradanta. Eu persoalmente sígoos nas redes e entéronme de actividaes, cursos, eventos… Ás veces se preciso dalgo chamo ao GDR e pregúntolle quen fai isto.

Cal é o seu soño profesional como científica?

Bábara: Eu agora mesmo estou moi contenta aquí pero algo que quero facer algún día é traballar nalgún punto do mundo en algo relacionado coa produción ecolóxica e o medio ambiente en calquera punto do globo. Irme fóra é algo que tiña pendente aínda que o cubro viaxando moito nas miñas vacacións.

Pertence a unha empresa pioneira, innovadora e arriscada. Que ten vostede de todo isto?

Bárbara: Non podo ser tan arriscada como Sergio pero a pegada que me deixou Ecocelta ata agora foi a non ter medo a probar, se teño unha idea hai que tentalo. Agora cando me dín “iso non se pode facer” eu penso “eu sei que o vou facer, non sei como pero sairá”. Tamén aprendín a non frustrarme ao primeiro no e a saber que ás veces me vou topar cunha parede.

A nivel profesional todo o que sei é pola miña traxectoria aquí e as persoas que me fun atopando no camiño. Aprendín a importancia do traballo en equipo incluso con empresas de fóra, non ter medo a compartir e a preguntar. Atópome con moita xente boa con moita reciprocidade.

É posible obter premios  e ser recoñecido dende unha parroquia rural de Ponteareas?

Bárbara: Totalmente, agora vimos de presentar a primeira area para gatos, están os medios de toda España vindo a facer reportaxes e entrevistas. Estamos nun clúster de biotecnoloxía e nada máis enviar a información se interesaron de todas partes, de Asturias, de Valencia, de Madrid… moi impresionada con que unha empresa de só oito persoas facendo un produto que está nos seus primeiros pasos tivera unha acollida por parte dos medios e da xente tan boa. Gadis abríunos as portas e está vendendo a nosa area para gatos. Estou a decatarme que cando comeceu Ecocelta e eran os “raros” xa estaban anticipando o que agora precisa a xente. As necesidades da actualidade xa  naceron coas respostas que quería dar Ecocelta cando botou a andar.

Como se visibiliza ou materializa o seu traballo no día a día das persoas, póñame algún exemplo

Bárbara: Todas as persoas con hortos, viña, froiteiras, cun piso con plantas … cando vai a unha tenda pode atopar un abono ou un substrato local certificado ecolóxico feito con algas de Redondela, con froita de Porriño… que saiban que poden ter un produto bo na tenda de abaixo e vale tanto para aqueles que teñen unha planta como para os que teñan unha produción. Vimos de lanzar o Humus Tea bag… unhas bolsiñas para diluir en auga que se converte nun potente fertilizante para regar ou pulverizar. O de Tea polo noso río e tamén Tea porque se infusiona en auga fría. Ao alcance de calquera na tenda online de Ecocelta.

Agora peche de novo os ollos, está volvendo nacer, elixa onde quere nacer e en que sector profesional quere ser muller

Bárbara: Volvería nacer en Ponteareas, estou moi orgullosa de ser de aquí e aínda que nalgún momento me gustaría ir ao estranxeiro eu quero que este sitio siga a ser o meu sitio para voltar, temos o mar preto, as montañas, os ríos. Nos últimos anos estiven en Japón, na India, en Egipto e decateime que aquí vivimos moi ben, abres a xanela  e escoitas a choiva ou os paxaros e non o ruído da cidade. Eu volvería a ser científica.