Neste momento estás a ver Cata de viño Subzona Condado Tea

Cata de viño Subzona Condado Tea

O Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Condado Paradanta organiza unha cata de viño Subzona Condado Tea,  dirixida ás empresas con distintivo SICTED, para o vindeiro 9 de outubro ás 18:00 horas na Casa do Conde, en Salvaterra de Miño.

A iniciativa enmarcase dentro proxecto de Cooperación LEADER, Viño e Froita promovido polo GDR do Territorio xunto co GDR Mariñas Betanzos e está cofinanciado pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) da Xunta de Galicia, fondos Feader e a Administración xeral do Estado.

Con esta acción procúrase a posta en valor do viño producido na zona, ademais de fomentar o seu desenvolvemento a través da creación de sinerxías comerciais entre o sector produtivo e as empresas turísticas con selo de calidade.

Dende a entidade supramunicipal entenden que a calidade dos produtos vitivinícolas do Condado Paradanta supón un elemento diferenciador que pode aportar valor engadido á oferta que os establecementos locais poidan ter.

O presidente do GDR, Pablo Castillo, considera necesario potenciar iniciativas dirixidas á veciñanza e ao tecido empresarial do territorio, fomentar a colaboración entre as entidades e “ofrecer deste xeito unha experiencia turística coherente e máis sostible”.

CATA VIÑO