A calidade turística no Xeodestino Condado Paradanta
Sistema Integral de Calidade en Destinos (SICTED)
O SICTED é un proxecto de mellora da calidade dos destinos turísticos promovido pola Secretaría del Estado de Turismo (SETUR), co apoio da FEMP, que traballa con Servizos turísticos de ata 36 oficios diferentes, co obxectivo último de mellorar a experiencia e satisfacción do turista.
QUEN PODE PARTICIPAR?
Entre os oficios que poden sumarse ao proxecto destacan as axencias de viaxe, establecementos de aloxamento, comercios turísticos, artesáns, restaurantes, bares, adegas, transporte público, guías turísticos, museos, oficinas de información e empresas de turismo activo, entre outros.
QUE CUSTE TEN ADHERIRSE?
Sumarse ao proxecto SICTED é gratuíto para as empresas grazas a que o GDR financia esta iniciativa a través do Programa Leader Galicia e a través de convenios asinados coa Axencia Turismo de Galicia.
COMO PODO ADHERIRME?
Para obter o distintivo as empresas deberán participar e superar os diferentes ciclos formativos e de asesoramento, así como as correspondentes avaliacións que acreditarán a súa calidade.
As empresas interesadas en inscribirse só teñen que chamar ao 986 663 329 ou enviar un e-mail a gdr@gdrcondadoparadanta.gal
+ SICTED
Se queres máis información sobre o Sistema Integral de Calidade Turística en Destinos podes acceder a súa web picando no seguinte enlace: