Neste momento estás a ver BODEGAS MARQUÉS DE VIZHOJA

BODEGAS MARQUÉS DE VIZHOJA

EN QUE CONSISTE?

En Bodegas Marqués de Vizhoja podes gozar dunha experiencia única. Un lugar que alberga dende a historia do Pazo do século XVIII ata a cultura do viño.

 

Esta visita componse de dúas partes; na primeira parte visítanse as naves dos nosos viños  e na segunda, ten lugar nos arredores do Pazo La Moreria.

 

Ao comezo da visita, cóntase a historia do pai desta adega, Don Mariano, e como chegou a crear esta gran familia. A visita ten unha explicación do proceso do viño dende a vendima, elaboración (sala de cubas) e embotellado (sala de embotellado).

 

Unha vez rematada a primeira parte da explicación, a visita trasládase á contorna do Pazo, na que se conta a historia de cada un dos elementos do entorno e da vexetación. Nesta parte pódese visitar a zona dos pinos mansos, xardíns centenarios etc.

 

E queda o máis importante! Ao final do percorrido, degustamos dous dos viños brancos máis recoñecidos e premiados da nosa adega, Marqués de Vizhoja e Torre La Moreira. Esta cata irá acompañada dunha maridaxe con produtos da comarca do Condado Paradanta como xamón da Cañiza, Lamprea de Arbo, Requeixo das Neves, etc. en función da tempada.

CONDICIÓNS

 

Cando?

 

Dada a situación actual, deberase consultar coa adega a dispoñibilidade

 

Participantes

 

Mínimo 2. Máximo 10

 

PREZO

15 € por persoa

RESERVA

Para a reserva desta experiencia é preciso facelo con sete días de antelación.

A continuación atoparás os datos de contacto para facer a túa reserva.