EN QUE CONSISTE?
Comezaremos esta aventura enoturística visitando Finca O’Pucha, un dos nosos viñedos máis antigos e emblemáticos, onde empeza toda esta historia. Coñeceremos a terra, con Potugal fronte a nós admiraremos o entorno e entenderemos o porqué da nosa maneira de estruturar a viticultura.
Seguidamente imos percorrer as instalacións para descubrir de primeira man o proceso de elaboración: onde se sitúa a zona de recepción de uva na vendima, a zona de prensas, as salas de depósitos, a sala de embotellado e a sala de crianza en lías e degole do viño espumoso.
Ao rematar, degustaremos 2 viños: primeiro o albariño Laxas, o buque insignia desta adega, e despois poderás escoller entre o Condado Laxas, esencia desta Comarca, ou o espumoso de albariño Sensum Laxas, un dos mellores expoñentes do potencial que ten a uva albariña.
Se a climatoloxía acompaña, esta cata a faremos nun miradoiro* de pedra instalado no alto da Finca O’Pucha onde saborearemos os viños acompañados de petiscos, desfrutaremos da paisaxe do Condado Paradanta, creando un recordo inesquecible que vos quedará gravado no corazón.
CONDICIÓNS
Desconto do 10% na compra de viño para visitas con PCP.
REGALO 1 botella de Condado Laxas (1 bot. por pasaporte).
NON SE ACEPTARÁN VISITAS SEN CITA PREVIA.
Duración aproximada 1h30’ – 2h
*As actividades ao aire libre faranse sempre que a meteoroloxía o permita.
Cando?
Dispoñible durante a vixencia do pasaporte. Festivos segundo dispoñibilidade de persoal
Participantes
Mínimo 1. Máximo 2
PREZO
10€ por persoa (2 persoas por PCP). Os menores asisten de forma gratuíta posto que non poden consumir bebidas alcohólicas.
RESERVA
Para a reserva desta experiencia é preciso facelo con dous días de antelación.
A continuación atoparás os datos de contacto para facer a túa reserva.
