A Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia vén de publicar as bases reguladoras das acusas para os investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) para o exercicio 2023.
A convocatoria, que conta cun total de 30M de investimento, “busca incentivar os investimentos en activos fixos materiais para a creación, ampliación e modernización das instalacións situadas en Galicia destinadas á transformación e comercialización de produtos agrarios.”
As subvencións axudan á excución dos proxectos e os préstamos “consistirán en garantías do 80% do risco inherente a cada empréstito formalizado destinado a financiar os investimentos.”
O prazo para presentar as solicitudes remata o 30 de marzo de 2023.